Ames, 18 de novembro do 2021 – Por iniciativa do concello de Ames reuníronse no Pazo da Peregrina os representantes dos 16 concellos de entre 20.000 e 50.000 habitantes que hai en Galicia.
O obxectivo era poñer en común as demandas e os problemas de estas vilas. Uns concellos que quedan na maioría dos casos fora das axudas das administracións. Están obrigados a ter os mesmos servizos que grandes vilas pero superan os requisitos por abaixo e non os alcanzan por arriba.
O alcalde de Ame, Blas García, foi o impulsor de esta xuntanza. Asistiron representantes dos concellos de Arteixo, Cambre, Cangas, Carballo, Culleredo, A Estrada, Lalín, Marín, Narón, Oleiros, Ponteareas, Porriño, Redondela, Ribeira e Vilagarcía.
Blas García explicaba ao remate do encontro os principais problemas cos que se atopan estes concellos
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía e presidente da Federación galega de Municipios e Provincias, lembraba que no 2008 se fixera unha reunión que non quedara en nada e poñía en valor este novo intento
As persoas participantes na xuntanza acordaron a elaboración dun documento inicial que asente as bases para futuros acordos entre os municipios. As 16 administracións convocadas representan máis do 16% da poboación galega.
O documento, que elborará a FEGAMP, será trasladado á Deputación, á Xunta e á administración do Estado explicando as singularidades destes 16 concellos, as súas problemáticas e as súas demandas. Ao longo desta semana os 16 concellos participantes poderán achegar peticións concretas e marcar os obxectivos que completen este documento.
