Ames, 17 de marzo do 2021 – A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar o expediente de licitación da mellora dos viarios de acceso e camiños interiores de Firmistáns, na parroquia de Bugallido.
Este proxecto, sufragado con cargo ao POS+ 2020, ten un orzamento base de 166.668,24 euros. Na mellora de Bugallido aplicarase aglomerado en quente nos viarios de acceso e para os camiños interiores formigón. Isto supón un maior custe dos materiais empregados, pero garante que ditos viarios e camiños queden en boas condicións durante un maior tempo.
Serán 5 treitos de 180 metros, 40 metros, 360 metros, 105 metros e 85 metros con anchos medios de 4 metros para os tres primeiros e 5 metros para os dous restantes. Ademais, actuarase en 80 metros cadrados de sobreanchos. Para melloras os viarios de Firmistáns proponse a capa de rodaxe coa extensión de 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Para os viarios interiores de Bugallido, de 465 metros cadrados e 655 metros cadrados, proponse a demolición do pavimento actual e a formación dun novo con 15 centímetros de formigón delimitado por adoquín de pedra granítica todo elo sobre 10 centímetros de zahorra. Tamén se contempla a execución de catro treitos de cuneta transitable en formigón (180 metros, 50 metros, 105 metros e 85 metros) baixo os que se canalizará tubo de PVC para a recollida de pluviais.
Esta rede de pluviais tamén se executará baixo os pavimentos de formigón con 270 metros do mesmo tubo e 44 metros de PVC para as conexión das baixantes. Dita rede completarase coa colocación de 27 sumidoiros e 11 metros de caz con reixa. Tamén se proxecta a limpeza previa de cunetas e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das marcas viarios nos accesos aglomerados.
