займ срочно

Piden ao goberno de Ames que cumpra coa Lei Galega de Protección e Benestar Animal.

0

Ames, 1 de febreiro do 2018 – Despois da polémica xerada coa nova Lei de Protección e benestar animal que obriga aos concellos a facerse cargo do coidado dos animais abandonados, e que motivou o posicionamento en contra da propia Fegamp polo custo que suporía, o PP de Ames insta ao goberno municipal a que cumpra.

A nova Lei de Protección e benestar animal entrou recentemente en vigor. Esta norma establece que é o concello quen ten que autorizar ou dar permiso para que un veciño poida auxiliar a un can ou gato abandonado, salvo situacións de emerxencia. Tamén contempla o “sacrificio cero”; polo que o custo do mantemento e coidado dos animais abandonados débeo asumir o concello que recolla ao animal ata que consiga localizar a o dono ou o entregue en adopción ou acollida. Doutra banda o concello tamén deberá asumir o custo que supón a esterilización dos animais abandonados.

O PP lembra en nota de prensa que “o Concello de Ames leva bastante tempo tentando licitar, sen éxito, o correspondente servizo de lacería de animais abandonados e perdidos, por un importe de 36.211,34 €. O pasado mes de agosto do 2017, o procedemento aberto foi declarado deserto ao ser excluída do procedemento a empresa clasificada en primeiro lugar; e a día de hoxe non hai noticias dun novo procedemento de Licitación. Tampouco conta Ames cunha ordenanza sobre a cuestión que se axuste ás esixencias da nova lei que entrou en vigor o pasado 11 de xaneiro”.

Os populares consideran que, partindo desta situación, para cumprir coa nova lei haberá que modificar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas para poder licitar correctamente o servizo, e habilitar unha partida orzamentaria suficiente para cumprir coas esixencias da nova lei.

O PP de Ames pide ao goberno municipal que cumpra coa Lei Galega de Protección e Benestar dos Animais de Compañía, aprobando a correspondente ordenanza; licite, axustándose aos novos requisitos, o correspondente servizo de recollida e coidado de animais abandonados ou perdidos; e habilite nos Orzamentos 2018 unha partida económica, especifica e suficiente, para facer fronte ás obrigacións de Ames nesta cuestión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies