Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Ames inaugura o Nadal

ames comeza o nadal 5 decembro 2025 (3)

Comezou oficialmente o Nadal no concello de Ames. A cerimonia contou con Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova (Agrón); Lola, de Mercería Marlo de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo do Milladoiro como convidados.

O acto foi presentado polos artistas e veciños de Ames, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, e contouse coa actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán.

Para combater o frío dispúxose unha degustación gratuíta de chocolate con churros. A churrería Jorge repartiu 900 churros e 150 litros de chocolate entre a veciñanza amesá que se congregou na praza do Concello. As luces de Nadal estarán acendidas en horario de 18.00 a 02.00 horas ata o día 6 de xaneiro (incluído).

O alcalde, Blas García, destacou que “as tres persoas que este ano acenden o alumeado fano en representación do sector comercial e hostaleiro de Ames, que teñen a valentía de poñer un negocio en marcha e que teñen moito mérito”. Tamén convidou á veciñanza “a gozar do Nadal que é un época para pasar en familia e con aquelas persoas que queremos”.

Outra das novidades deste ano foi o concurso que se realizou entre as persoas que acudiron con prendas e accesorios propios do Nadal como xerseis, diademas, bufandas, gorros, etc. Os presentadores os encargados de elixir ás dúas persoas con mellor caracterizadas. As gañadoras, Uxía e Alejandra, foron premiados/as cun vale de 50 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames.

Alumeado de Nadal

Instaláronse máis de 140 elementos decorativos para iluminar o Nadal por todo o termo municipal. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo. Entre ditos elementos hai máis de 100 arcos decorativos e outros elementos decorativos.

No Milladoiro cóntase cunha gran árbore artificial iluminada na zona de estacionamento da rúa Agro do Medio e por primeira vez pódese pasar por debaixo dela andando; e unha “A tridimensional” de Ames de 2,5 metros de alto na praza da Madalena.

Tamén se instalou un teito de luces na rúa Anxeriz do Milladoiro. Ademais, na avenida de Rosalía de Castro, cóntase con 10 arcos luminosos ao longo da rúa; dous arcos de entrada e saída no termo municipal; e hai 5 renos luminosos (2 na mediana de Rosalia de Castro, 1 na zona verde da rúa Viorneira e 2 na zona verde da rúa da Costa Grande).

Por outra banda, en Bertamiráns, decorouse a árbore que se atopa na praza do Concello, e colocouse un motivo luminoso co número 2026 de dous metros de alto na praza da Maía.

Post navigation

Previous: Programación de Nadal no concello de Arzúa
Next: Preséntase a Carpa Roxa de Nadal en Compostela

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.