Hai un principio básico que rexe ás denominadas comunidades enerxéticas, si contratamos entre todos podemos negociar mellores prezos. Si lle sumas qu a estas comunidades a lei permítelle o autoconsumo o resultado é máis que positivo.
Ames ven de dar un importante paso no apoio a estas comunidades enerxéticas, a contratación dun servizo da asistencia técnica para a contratación do apoio necesario para facer realidade primeiro proxecto de autoconsumo colectivo no concello.
Do que se trata é de conseguir o asesoramento técnico preciso para a instalación de plantas fotovoltaicas e na xestión cos diferentes comercializadoras de electricidade. A maiores creouse a páxina web Ames Enerxia para proporcionar información e axudar a veciñanza que estes interesada en participar en dita comunidade enerxética.
O Concello de Ames participa como un socio máis na entidade Comunidade Enerxética Ames Solar. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a produción e consumo compartido de enerxía, a través principalmente de proxectos de instalación solar fotovoltaica.
A asociación está constituída por 42 socios/as e unha xunta directiva moi diversa con membros de Trasmonte, Ames, Biduído e Tapia, entre outras parroquias.
Esta actuación enmárcase como continuidade das axudas recibidas para a creación da Oficina de Transformación Comunitaria (OTC), no marco do Programa CE-OFICINAS, impulsado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
A través da OTC, promovéronse accións de difusión e dinamización das Comunidades Enerxéticas (CCEE), e agora, mediante este contrato, preténdese avanzar cara á materialización efectiva do primeiro proxecto piloto, consolidando así os obxectivos iniciados coa posta en marcha da oficina.
O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, explica que “esta actuación facilita a definición dunha metodoloxía de traballo sólida e escalable, que permitirá sentar as bases para o desenvolvemento de novas instalacións en cubertas municipais, ao tempo que garante a coordinación efectiva entre os distintos axentes implicados (Concello, comunidade enerxética, empresa instaladora e distribuidora eléctrica), optimizando así os prazos e recursos dispoñibles. Estas medidas contribúen ademais á implantación da Axenda Urbana de Ames e ao cumprimento dos obxectivos europeos vinculados á transición verde, á transformación dixital, á participación cidadá e á democratización do acceso á enerxía renovable, en coherencia co Pacto Verde Europeo”.
