Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

O IESP de Ames manterá o horario actual

Imaxe do IES que será reformado

Imaxe do IES que será reformado

Bisbarra, 1 de febreiro do 2025 – Desde principios de decembro a preocupación por un cambio de horario no Instituto de Ensinanza Secundaria Plurilingüe, IESP, de Ames  alertou a ANPA e a comunidade educativa en xeral.

Imaxe do IES que será reformado
Imaxe do IES que será reformado

O 5 de decembro celebrábase un Consello Escolar Ordinario no que a ANPA xa votaba en contra do cambio. Posteriormente a proposta concretouse en que luns e martes os mozos terían que entran ás 8 da mañá e saír ás 14:30 do IESP de Ames.

A motivación de estes cambios era liberar espazo pola tarde coa finalidade de ampliar a oferta educativa en FP e separar bacharelato de formación profesional. A ANPA expresaba ao respecto que “somos os primeiros  en reclamar máis ciclos de FP en Ames, pero non a conta de aumentar a matrícula de alumnado no centro (que xa supera os 850 alumnos) senón pasando pola construción dun segundo centro de ensino secundario”.

En este contexto chegábase este xoves a unha reunión previa do Claustro do IESP e un Consello Escolar a continuación, si se validaban os novos horarios a proposta iría a inspección educativa para recibir a autorización definitiva.

Ás seis da tarde algúns padres concentrábanse diante do IESP para expresar a súa desconformidade. Xa sexa pola postura da ANPA, ou por outras razóns, a proposta non pasou do Claustro onde xa foi rexeitada quedando polo momento apartada.

A ANPA do IESP emitía un comunicado agradecendo a postura dos membros do Claustro e pedindo que, no caso de aparecer novas propostas, se consulte tamén cos pais.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 27 ó 31 de xaneiro
Next: Rois e Dodro reclaman pediatra

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.