займ срочно

Ames habilita millón e medio de euros nun pleno extraordinario

0

Ames, 16 de novembro do 2021 – O concello de Ames celebra hoxe martes un pleno extraordinario no que habilitará o uso de partidas económicas por un importe que supera o millón e medio de euros.

Imaxe de arquivo dun pleno en Ames

A partida principal é un suplemento de crédito que ascende a 1.451.360 euros destinados a gastos xeráis. Esta partida vaise financiar maioritariamente co remanente de tesourería. Esto é posible grazas a que o concello liquidou o exercicio 2020 cun remanente para gastos xerais de 8.363.940 euros.

Tamén se levará a Pleno a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 146.925 euros para a aprobación de facturas correspondentes ao exercicio 2020. Son facturas que non dispoñían de crédito e a máis salientable corresponde ao servizo de monitoraxe de comedores escolares do mes de decembro de 2020, cun importe de 123.607 euros.

Non é o único suplemento aprobado xa que o Plan Ames Progresa 2021-2023, cun importe de 4.647.242 euros, tamén é financiado con cargo ao remante de tesourería que se reduce tras estas operacións a 1.041.438 euros. Este plan inclúe investimentos, axudas e actuacións encamiñadas á recuperación e reactivación económica do Concello de Ames.

Outras partidas

Co remate do exercicio o concello compensa de distintos modos as partidas que quedaron sen crédito. As aplicacións que precisan de financiamento no capítulo de gastos de investimentos ascenden a 377.626 euros. A meirande parte delas responden ao mantemento de infraestruturas e servizos. Nesta partida inclúese a adquisición por 200.000 dun local para oficinas municipais.

A necesidade de financiamento do capítulo de gastos correntes é de 976.184 euros. Neste capítulo destaca o forte incremento dos gastos na partida de monitoraxe de comedores escolares e demais servizos de conciliación que ascende a 415.335 euros motivado polo cumprimento dos protocolos Covid-19, o incremento de gastos derivados de limpezas extraordinarias e produtos de limpeza, subministración eléctrica ou mantemento de instalacións.

No tocante aos gastos de transferencias correntes a necesidade de financiamento ascende a 97.550 euros. O suplemento está destinado a sufragar unha nova convocatoria de axudas “Bonos Comercios” dotada con 80.000 euros. O motivo é a reordenación do crédito recollido na liña de axudas do Plan Reactiva Ames para financiar a transición cara o comercio en liña debido á existencia e solapamento de axudas por parte doutras administración, e vaise destinar nunha nova campaña de Bonos Comercio durante a época de Nadal para dar un último impulso ao comercio no 2021.

A este capítulo de gastos, tamén, hai que engadir os 17.550 euros necesarios para proceder ao pagamento da 2ª liquidación da Galiña Azul de Bertamiráns e do Milladoiro.

Estas modificacións orzamentarias ascenden a un total de 1.451.360 euros. O suplemento de crédito vaise financiar con cargo ao remanente de tesourería en 1.423.976 € e os 27.384 € restantes cos gastos financiados con baixas por anulacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies