Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

A oposición de Ames aproba unha moción co voto en contra do goberno municipal

ames pleno ordinario febreiro slide 3 febreiro 2025

A moción pedía que os clubs e asociacións puideran usar os pavillóns polideportivos dos centros educativos do municipio

Salón de plenos de Ames

As veces as anécdotas ocultan moitos temas e algo así sucedeu no pleno de maio de Ames. A marcha da sesión da concelleira nacionalista Natividade González, acusando ao alcalde de falta de respecto, ocultou que unha moción foi aprobada co único voto en contra do Psoe que goberna en minoría.

A moción fora presentada polo propio BNG e pedía, a imaxe do que sucede por exemplo en Carballo, que os pavillóns dos centros escolares de Ames puideran ser usados polos clubs e asociacións do municipio.

Os nacionalistas explicaron que os investimentos realizados polo goberno do BNG en Carballo, nas instalacións deportivas dos centros educativos, permiten o seu uso por parte dos clubs, mesmo para competicións oficiais nas fins de semana

A voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, pedía tamén poder revisar os informes que o concelleiro de ubanismo, o socialista Víctor Fernández, dixo estar utilizando por parte do goberno municipal para coñecer as necesidades das instalacións municipais.

Fernández explicou que non podía compartir eses informes xa que “son documentos de traballo da concellería, que dentro da xestión política que nós facemos, temos dereito a organizarnos conforme ó noso propio criterio”.

Finalmente a moción foi aprobada cos votos a favor do propio BNG, do grupo municipal popular e de Espazo Común; votando en contra o grupo municipal. Unha maioría absoluta da oposición que lémbralle ao goberno municipal de Ames que goberno en minoría.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do 7 ao 11 de xullo do 2025
Next: Nin un xullo sen polémica

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.