Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Ames
  • Xeral

Goberno en minoría en Ames e coalición na Baña

O Psoe de Ames decidiu gobernar  en minoría mentres que na Baña Psoe e BNG formarán unha coalición para os vindeiros catro anos.
Ames-Psoe-slide-normal-16-xunho-2023_124558_r

Bisbarra, 16 de xuño do 2023 – A agrupación socialista de Ames decidiu gobernar  en minoría mentres que na Baña Psoe e BNG formarán unha coalición para os vindeiros catro anos.

O secretario xeral socialista en Ames, Blas García, explicaba que se trataba dunha decisión tomada despois dun debate interno. Recoñecía que non se afondara nas negociacións co BNG xa que se estaba producindo ese debate na agrupación.

Preguntado por si non consideraba unha contradición ter defendido os gobernos de coalición como un modelo de consenso e agora optar por gobernar en minoría, Blas Garcia consideraba que se trata dun paso adiante que buscaba o que denominan “un goberno de cooperación”.

Aínda que as áreas de traballo non están todas definidas, os concelleiros que xa estaban na corporación manterán as que xestionaban e incorporarán outras. Gustavo Nieto, un dos novos concelleiros, encargarase de obras e servizos básicos. Área que xa xestionara con Carlos Fernández de alcalde.

Blas García avanzou tamén que a intención e que cada grupo municipal da oposición teña unha dedicación exclusiva ademais do administrativo xa recollido no ROF. Esta dedicación non a poderá ter Luísa Feijoo xa que “a lei marca que un grupo municipal é o que ten máis de dous concelleiros” en palabras de Blas García.

A lei dispón 40 días para que se celebre o pleno de organización, a partir da toma de posesión. Será aquí onde a negociación entre os grupos comezará a complicarse xa que definirá os recursos cos que contará o goberno municipal.

Decepción no BNG

O candidato do BNG, David Santomil, considera que non é que quere Ames e lembra o sucedido no pasado cos gobernos en minoría. Recoñece que o Psoe xa apuntara esta posibilidade en campaña e engade que eles sempre defenderon a coalición como mellor forma de goberno.

Santomil di sentirse decepcionado xa que o Psoe doulle “un portazo” ás esperanzas dunha parte da poboación

Con respecto ao pleno de organización, David Santomil agarda que “en esta ocasión si” o Psoe se sente a negociar e se cheguen a acordos que permitan o traballo do goberno municipal e “tamén da oposición”.

A investidura de Blas García está garantida ao ser a lista máis votada. O BNG non presentará un candidato alternativo ao existir un acordo a nivel galego entre ambas as dúas formacións aínda que queda por saber si o voto nacionalista será a favor ou de abstención, situación que poría sobre a mesa desde o primeiro momento a soidade do grupo de goberno.

A Baña terá coalición de goberno

José Antonio Pereira será desde este sábado o novo alcalde de A Baña. Este xoves pola mañá alcanzaba un acordo co BNG polo que Mónica González será a primeira tenente de alcalde e encargarase da área de servizos sociais.

O acordo afirma unha maioría absoluta no pleno e relegará ao Partido Popular á oposición. José Pereira e Mónica González terán dedicacións exclusivas e conformarán o resto do goberno a partir do vindeiro luns xa que hai tempo suficiente antes do pleno de organización.

Post navigation

Previous: O Lume Sagrado volve ao Pico Sacro
Next: A Deputación arranxa as estradas afectadas polas obras do rego Gatofero en Trazo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.