Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Fotografando en Nadal

ames fotografia slide

Bisbarra, 11 de decembro do 2024 – Trátase doutro clásico de estas datas: os concurso de fotografía. En este caso Ames o combina cunha campaña de promoción do comercio local.

A Xuntanza de Empresarios de Ames, coa colaboración da concellería de Promoción económica e o estudo de deseño gráfico e imaxe de marca La Rayela, organizan o concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso” combinado coa campaña “Davide dá a badalada” que repartirá 2.000 euros entre as persoas que merquen nos negocios da asociación.

As persoas interesadas en participar no concurso de fotografía deberán realizar dúas fotos nas localizacións con decoración de Nadal en Ames: as prazas do Concello e a Maía en Bertamiráns, ou a Praza da Madalena e o aparcamento do Supercor no Milladoiro. Os premios son un vale de 250 euros, outro de 150€ ou un de 100€ para gastar nos comercios asociados á XEA.

Presentación de fotografías “Ilumina o teu sorriso” e requisitos

O prazo de presentación de fotografías desta edición de “Ilumina o teu sorriso” está aberto ata o vindeiro 6 de xaneiro. En canto aos requisitos, as imaxes poderán realizarse con calquera tipo de técnica e estilo. O resto de condicións poden consultarse nas bases da campaña.

Pode participar calquera persoa maior de 18 anos residente en España e os participantes deberán enviar as súas fotografías ao enderezo electrónico amesnarua@gmail.com xunto cos datos do autor (nome e apelidos, data de nacemento e enderezo), un número de teléfono e un texto no que se autorice á organización a difusión das fotografías enviadas segundo as bases do sorteo. No caso de que aparezan persoas recoñecibles nas imaxes, deberá de enviarse tamén un escrito por ditas persoas nas que se autorice o uso da súa imaxe.

Así mesmo, as persoas participantes prestan o seu consentimento para que as imaxes presentadas sexan expostas nas redes sociais de @amesnarua baixo o hashtag #iluminaoteusorriso24 e #amesnarua.

Os concursantes deberán enviar dúas fotos, tomadas en dúas das catro localizacións propostas con elementos da decoración de Nadal en Ames: o 2025 luminoso da Praza da Maía e o logo de Ames da Praza do Concello en Bertamiráns, e a bola xigante de luces situada na Praza da Madalena e a árbore iluminada localizada no aparcamento do Supercor no Milladoiro. As dúas fotos teñen que ser de elementos diferentes, indistintamente da localidade.

A cada unha das persoas que participen no concurso asignaráselle un número de sorteo consecutivo segundo o envío ao enderezo de correo electrónico facilitado. A Xuntanza de Empresarios de Ames, XEA, realizará no mes de xaneiro un sorteo dixital no que se coñecerán as persoas premiadas desta edición do concurso. Os tres primeiros números que resulten do sorteo, serán as persoas premiadas. Tamén se sortearán dous números máis que corresponderán ao primeiro e segundo suplente para que, no caso de que non se poida contactar coas persoas gañadoras nun prazo de 3 días hábiles, se lles adxudique aos suplentes os seus correspondentes premios.

A persoa participante á que lle corresponda o primeiro número recibirá un vale de 250 euros para gastar en comercios asociados á XEA. Así mesmo, a segunda persoa premiada recibirá un vale de 150€  e o terceiro premio obterá de 100€ para gastar nos comercios locais da XEA.

Davide dá a badalada

Así mesmo, este ano estréase unha nova campaña para promover e premiar o consumo no comercio local, “Davide dá a badalada”. A iniciativa, organizada tamén pola XEA coa colaboración do Concello de Ames, estará aberta dende o día 12 ata o 27 de decembro e pretende premiar e fomentar o consumo do comercio local. Nese período, as persoas que merquen nos comercios adheridos á XEA poderán participar nun sorteo no que se repartirán 12 premios, representando así as 12 badaladas de fin de ano.

O sorteo realizarase o día 31 e repartiranse en total 12 premios por un valor de 2.000 euros: un premio con valor de 500 euros para gastar en comercios da XEA, dous vales  por valor de 300€ e 9 premios de 100€ para consumir nos negocios da XEA. Poderá participar calquera persoa que merque nesas datas nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames, sexan ou non residentes no municipio.

Post navigation

Previous: Máis demandas de mellora no transporte público
Next: Música no Nadal coa Escola de Música

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.