Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Masivo seguimento da folga de lixo en Ames

O persoal de Urbaser en Ames seguiu masivamente a folga indefinida que comezou este luns tras non chegar a acordo na reunión do domingo.
urbaser-folga-ames-slide-9-maio-2023_r

Bisbarra, 9 de maio do 2023 – O persoal de Urbaser no concello de Ames seguiu masivamente a folga indefinida que comezou este luns tras non chegar a acordo na reunión do domingo.

Segundo o sindicato CIG a primeira xornada de folga tivo un seguimento do 100%. A protesta intentou pararse cunha reunión o domingo as nove da noite pero o acordo non foi posible.

Roberto Alonso, secretario comarcal da CIG-Servizos, explica que a falta de acordo debeuse a que a empresa “pouco movemento fixo”. Si recoñeceu que no aspecto social presentou unhas “pequenas melloras” que consideraron “insuficientes”.

Os traballadores de Urbaser en Ames demandan con esta folga un complemento  por IT do 100%, desde o primeiro día, e a empresa o que ofreceu foi un complemento do 90% pero desde o cuarto día. Economicamente Urbaser mantivo a súa posición argüíndo que, como o contrato non ten revisión, “non teñen capacidade económica para asumir as nosas pretensións”.

Ao remate da xuntanza, a cuxo remate agardaron os traballadores e traballadoras, celebrouse unha asemblea na que o persoal acordou manter a folga que está secundada polo 100% do persoal.

Servizos mínimos

O servizos mínimos ordenados polo concello de Ames para a folga son do cincuenta por cento pero o sindicato considera que “é completamente abusivo” e a asesoría xurídica do sindicato traballa para impugnalos.

Alonso explica que  “Cuestionamos a súa legalidade porque nin sequera a empresa se reuniu coa representación sindical para negocialos e se limitaron a recoller o decreto do alcalde”.

O concello xustifica estes servizos mínimos en base á previsión “meteorolóxica a partir do 8 de maio” porque “se prevén no entorno temporal da semana seguinte días con temperaturas en torno aos 20º e alto índice de humidade”.

Post navigation

Previous: Eleccións 23, 9 de maio
Next: Día das Letras Galegas na USC

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.