Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

XVII Festa do chourizo ao viño en Ortoño, Ames

Este domingo a parroquia de Ortoño en Ames celebra un ano máis a Festa do chourizo ao viño que chega á decimo sétima edición.  
ames-festa-chourizo-ao-viño-slide-4-xullo-2023_r

Bisbarra, 4 de xullo do 2023 – Este domingo a parroquia de Ortoño en Ames celebra un ano máis a Festa do chourizo ao viño que chega á decimo sétima edición.  

A iniciativa está organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao Viño.  Ademais do produto que lle da nome haberá degustación da orella de porco cocida. As racións poderanse comer acompañadas por viño do Ribeiro. Haberá tamén café e xeado.

A cita na carballeira do campo da festa comezará as doce do mediodía cunha misa cantada. A partir das 13:00 horas iniciarase a degustación dos chourizos ao viño e da orella de porco, para a que se instalará unha carpa. O xantar, que estará amenizado pola banda de gaitas e baile rexional Os Castros.

A partir das catro da tarde disputarase o XVI Campionato de chave por parellas. As inscricións estarán abertas ata as 15:30 de esa mesma xornada. No recinto haberá inchables para os nenos e nenas, por cortesía de Tikolandia. En canto a música terá no serán unha primeira actuación a cargo do grupo de mariachis Sol de Galicia.

Para rematar a romaría, o grupo De Vacas actuará na propia carballeira, como parte do programa “Música nas parroquias” da Concellaría de Cultura. O cuarteto, conformado polas vocalistas Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero e polo vocalista Guillerme Fernández, fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido.

Post navigation

Previous: Alcaldesas: Goretti Sanmartín, Compostela
Next: A Real Filharmonía, baixo a batuta de Baldur Brönnimann, en Santo Agostiño

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.