Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Cuarta Xusta, Zënzar, Nao e Dios ke te crew protagonizan o IX Millarock

ames-millarock-slide-16-xullo-2019_r

Ames, 29 de xullo do 2019 – O rock galego dáse cita o vindeiro 2 de agosto no Milladoiro da man da novena edición do Millarock. Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Cuarta Xusta, Zënzar, Nao e Dios ke te crew.

O IX Millarock dará comezo as nove da noite. Organizado polo Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna do concello. Nesta edición, o evento conta coa páxina de Facebook, a través da que se busca manter informados/as aos seguidores, así como conectar aos amantes do rock coas distintas bandas que actuarán no festival. A cita coincide ademais co comezo das festas de esta localidade.

Millarock 2019Será unha cita especial para os seguidores do grupo Nao, que se encontran inmersos na súa xira de despedida. A banda, formada por Pablo Carracedo, Gustavo Brea, Antón Fernández e X. Ramón Iglesias; conta cunha traxectoria de trece anos marcada polo compromiso social e a súa forza no escenario. Durante o concerto, Nao interpretará algúns dos seus temas máis coñecidos, ao tempo que fará un percorrido polo seu último disco, titulado Ata que o lume se apague. Durante a presentación do festival, o batería deste grupo estradense, X. Ramón Iglesias “Amós”, expresou a súa “satisfacción por actuar nun lugar onde non estiveramos antes” cun “cartel redondiño, integramente en galego e con moita presenza feminina”.

Zenzar pola súa banda é un dos grupos máis consolidados do panorama galego. A banda botou a andar no ano 1988 e conseguiu gravar a súa primeira maqueta en 1992. Dende entón percorreron todos os recunchos do país coa súa música. Na actualidade, o grupo está formado por Manolo García, Xosé A. Bocixa, Mario Grela, Paco Cerdeira e Laura Romero, que se incorporou tralo falecemento de José A. Regueiro ‘Tabe’ no 2016. Ademais, Laura Romero, Paco Cerdeira e Xosé Bocixa ofrecerán tamén unha serie de charlas antes do concerto, nas que falarán de distintos aspectos da música, poñendo o aceno nos ámbitos que lles tocan de maneira máis directa. Laura conversará cos asistentes sobre o seu proxecto Músicas galegas ilustradas, co que busca darlle visibilidade ás mulleres músicas de Galicia; mentres que Bocixa fará unha percorrido pola historia do rock galego e Paco falará de como viviu el a chegada a Galicia dende México e como trasladou ese cambio á música.

Cuarta Xusta é outro dos grupos que actuarán este venres. Grupo orixinario de Melide, integrado por Marta, Lúa, Alberto, Alba e Aida, xorde no ano 2016 e entra con forza no panorama musical galego mediante versións de temas coñecidos. Meses despois, deciden compoñer temas propios para dotar á banda de carácter propio que os levan a percorrer numerosos festivais ao longo de Galicia. Así comeza a preparación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar, presentado o 10 de marzo do 2018, oito temas propios nos que cristaliza o seu obxectivo musical, “berrar con música as inxustizas que nos rodean”. Durante a presentación, Alberto García afirmou, xunto á súa compañeira Marta Sánchez, que para Cuarta Xusta formar parte do Millarock supón “un auténtico honor poder coincidir con estas bandas e ver a xente que leva tantos anos arrasando polo país. Para nós é unha ilusión moi grande estar aí e poder participar niso”.

Esta edición do Millarock terá como prato forte a Dios ke te crew, que volve á escena musical despois dun tempo retirados. Formado por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock, esta banda de Ordes destaca polos seus directos e as súas letras cargadas de ironía, orixinalidade e unha música moi propia que mistura toques de rock, jazz ou funk.

Post navigation

Previous: Ordes inicia unha viaxe pola cultura
Next: Piden que o concello de Santiago teña un procedemento áxil para a cesión de material municipal ás festas populares

Máis novas

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

ames pleno 28 setembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Ames aproba os pregos de licitación do futuro centro deportivo do Milladoiro

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.