Ames, 27 de agosto do 2017 – O vindeiro 1 de setembro abre o prazo de preinscrición e renovación de matrícula nas Escolas Deportivas Municipais de Ames, que permanecerá aberto ata o 13 de setembro, ás 14:00 horas.
As persoas que realicen a preinscrición deben saber que as prazas adxudicaranse nun sorte público que se desenvolverá o 19 de setembro, ás 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Posteriormente, o xoves 21 de setembro, farase pública a listaxe coas persoas admitidas. As actividades deportivas comezarán a semana do 2 de outubro.
Tanto a renovación da matrícula como a preinscrición poderase realizar de xeito presencial ou de xeito telemático. Presencialmente, poderanse facer na Casa da Cultura do Milladoiro ou na Casa do Concello, en Bertamiráns, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Telematicamente, os trámites poderanse realizar enviando a ficha de inscrición cuberta a un dos seguintes enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. No caso de renovación de praza, ademais de enviar a ficha de inscrición cuberta, haberá que solicitar a folla de autoliquidación das taxas que se deberá facer do 1 ao 13 de setembro. O prazo para completar o trámite de renovación ou preinscrición remata o vindeiro 13 de setembro, ás 14:00 horas.
Cada persoa poderá inscribirse nun máximo de dúas actividades das Escolas Deportivas, sempre e cando non coincidan os horarios. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. As persoas que realicen a preinscrición deben saber que as prazas adxudicaranse nun sorte público que se desenvolverá o 19 de setembro, ás 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Posteriormente, o xoves 21 de setembro, farase pública a listaxe coas persoas admitidas. As persoas que obteñan praza despois do devandito sorteo deberán solicitar a folla de autoliquidación por correo electrónico ou de xeito presencial e efectuar o pagamento das actividades nas que van a participar entre o 21 e o 27 de setembro. Unha vez se pague a devandita autoliquidación non será necesario entregar o resgardo. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
As actividades das Escolas Deportivas comezarán na semana do luns 2 de outubro, rematando a semana do 31 de maio de 2018. Para a formación de grupos será preciso que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas dispoñibles. O prezo de matrícula é, para menores de 18 anos, de 32 euros, descendendo a 16 euros para segundos membros menores de idade, e a 8 euros para terceiros. Se unha persoa, menor de 18 anos, se matricule en dúas escolas deportivas o prezo será de 48 euros, cun prezo de 24 e 12 euros para segundos e terceiros membros respectivamente. As persoas maiores de 18 anos deberán aboar un prezo de matrícula de 48 euros, no caso de inscribírense nunha única escola deportiva, ou de 72 no caso de inscribírense en dúas.
Actividades ofertadas nas Escolas Deportivas
No díptico informativo pódese consultar toda a información sobre a oferta de actividades deportivas, incluídos horarios e localizacións. A oferta deste curso 2017-2018 inclúe 16 actividades diferentes; 12 encadradas no programa de Fomento do Deporte para menores de 14 anos e 4 no apartado de Ponte en Forma, para persoas maiores desa idade. O programa de Fomento do Deporte comprende as seguintes actividades: ballet, baloncesto, fútbol sala feminino e fútbol sala masculino, judo, natación, patinaxe, predeporte, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Pola súa banda, dentro do apartado de Ponte en Forma pódense encontrar as actividades de aerozumba, pilates, spinning, abdominais e glúteos, así como ximnasia de mantemento.
Varias destas disciplinas son impartidas por clubs amesáns. Así, as o xadrez é impartido polo club Millarengo, patinaxe no Milladoiro polo club Omega, fútbol sala feminino polo Meigas F.C., baloncesto polo club Básquet de Ames, patinaxe en Bertamiráns e Barouta polo club Sarela, voleibol polo CV Bruxas e fútbol sala masculino polo Bertamiráns F.C. e polo Milladoiro S.D.
Como todos os anos, as actividades deportivas deste curso desenvolveranse nas instalacións deportivas dos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro, nas salas de usos múltiples das Casas de Cultura, no pavillón do CEIP de Barouta, no do Agro do Muíño, no ximnasio do IES de Milladoiro e no centro Squash.