Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Entroido de Ames 2025

entroido ames 2025 slide

Bisbarra, 18 de febreiro do 2025 – O entroido de Ames está organizado polo concello e a asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e contará con diferentes propostas, dende o entroido do programa Amessan, actuacións de baile e danza, o concurso e desfile de Entroido no Milladoiro e a festa e concurso infantil para os máis pequenos.

O Entroido desenvolverase entre o mércores 26 de febreiro ata o venres 7 de marzo, con actividades que buscan, un ano máis, a colaboración da veciñanza e asociacións do concello. Mantéñense as localizacións dos actos establecidas o ano pasado, o desfile de disfraces será no Milladoiro e o desfile e concurso infantil será en Bertamiráns.

O mércores 26 de febreiro, ás 19.00 horas abrese o Entroido co “Concerto Miúdo” do alumnado da Escola de Música Municipal de Ames na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ademais deste recital, a EMMA realizará o seu festival de Entroido o venres 28, tamén en Bertamiráns, ás 19.30 horas, onde interpretarán diferentes pezas ao longo de toda a velada.

Os maiores de Ames contarán o martes de Entroido, día 4, coa co cocido dos maiores, dirixido para as persoas maiores de 65 anos empadroados no municipio. Este ano, será no pavillón de Bertamiráns e a temática é o cine. Ademais, os asistentes contarán coa actuación musical do dúo Plan B e, como vén sendo habitual, haberá servizo de buses polas parroquias.

Xunto co cocido, os nosos maiores gozarán da súa propia festa de Entroido co “Entroido Amessán” o venres 7, no Centro Social do Milladoiro. Desde as 17.00 horas, os participantes poderán gozar de música en directo e dunha tarde chea de sorpresas e diversión.

O sábado 1 de marzo, realizarase a Festa de Entroido, na Praza da Maía de Bertamiráns. A partir das 17.00 horas, haberá unha exhibición de baile a cargo do Club deportivo de baile Danzaya xunto coa actuación musical de Dani Barreiro & Friends.

Concurso de disfraces

O domingo, 2 de marzo, organízase o concurso e desfile de Entroido do Concello de Ames, no que poderán participar persoas de todas as idades tanto as persoas a nivel individual ou en grupo, asociacións legalmente constituídas, comunidades, etc.

As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que actuará como representante para todos os efectos que se deriven do concurso. As asociacións serán representadas pola persoa que asuma o cargo da presidencia ou persoa en quen delegue.

As inscricións realizaranse  no correo electrónico entroidoames@gmail.com  ata o 26 de febreiro como data límite. Para realizar a inscrición deberanse achegar os seguintes datos; título do disfrace, nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, DNI, teléfono de contacto, número de compoñentes, se levan música ou se levan carroza (e neste caso indicar as medidas).

Os/as participantes deberán presentarse na Casa da Cultura do Milladoiro o domingo 2 de marzo, entre as 15:30 e as 16:00 horas. O xurado estará composto por tres membros designados pola Xuntanza de Empresarios de Ames e valorará os diferentes disfraces conforme á creatividade, á caracterización e á orixinalidade.

A saída farase ás 17.00 horas dende o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Os/as participante percorrerán as rúas do Milladoiro durante unha hora e media, polo que ás 18:30 horas terá lugar a entrega de premios no mesmo aparcadoiro da Casa da Cultura. O desfile estará amenizado polo grupo Charanga Mekánica.

Establécense  tres categorías segundo o número de participantes: individual (de 1 ou 2 persoas); grupos pequenos (de 3 a 10 persoas); e grupos grandes (máis de 10 persoas). Na categoría individual outorgaranse tres premios: 100 euros para o primeiro premio, 75 euros para o segundo; e 50 para o terceiro. Na categoría de grupos pequenos os premios serán de 300 euros para o primeiro, 200 para o segundo, e 100 euros para o terceiro. Na categoría de grupos grandes entregaranse tamén tres premios: 500 euros para o primeiro premio, 300 para o segundo e 150 euros para o terceiro.

Festa e concurso de disfraces infantil

Por último, o luns 3 de marzo farase a festa e concurso infantil de disfraces. Será na Praza da Maía a partir das 17.00 horas. Ademais, haberá música da man, un obradoiro de maquillaxes, e máis actividades para que a cativada goce dunha tarde do máis divertida.

O concurso está dirixido ao público infantil (poderán participar nenos e nenas de ata os 12 anos cumpridos e poderán participar  ben de forma individual ou en grupos). Os nenos/as para participar terán que estar  baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que actuará como representante para todos os efectos que se deriven deste concurso.

As inscricións realizaranse  no correo electrónico entroidoames@gmail.com ata o 26 de febreiro como data límite. Para realizar a inscrición deberanse achegar os seguintes datos, título do disfrace, nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, DNI, teléfono de contacto, número de compoñentes e música se a precisan. A inscrición tamén se poderá facer de xeito presencial na praza da Maía o propio día 3, de 16:00 a 16:30 horas. Os/as participantes deberán presentarse na praza da Maía entre as 16:00 e as 16:30 horas.

O xurado estará composto por tres membros designados pola Xuntanza de Empresarios de Ames e valorará os diferentes disfraces conforme á creatividade, á caracterización á orixinalidade, o traballo requirido na  elaboración dos disfraces, é dicir se son elaborados total ou parcialmente polos participantes, a utilización de materiais  empregados respectuosos co medio ambiente.

Establécense  dúas categorías segundo o número de participantes: individual: de 1 ou 2 persoas  ata 12 anos cumpridos; e grupos: máis de 3 persoas ata 12 anos cumpridos. Na categoría individual haberá tres premios: 75 euros para o primeiro, 50 euros para o segundo e 25 euros para o terceiro. Na categoría de grupos os importes dos premios son 250 para o primeiro, 150 euros para o segundo e 75 para o terceiro.

Post navigation

Previous: Entroido de Silleda 2025
Next: Entroido en Arzúa

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.