Ames, 23 de xullo do 2019 – Dentro dos actos do Día de Galicia, Ames vivirá un momento moi especial esta tarde, no Pazo da Peregrina, coa entrega da Medalla do Concello a Filomena Fraga.
Este acto institucional terá lugar a partir da oito de esta tarde. Filomena Fraga terá unha recepción oficial na que participarán, e intervirán, todos os grupos municipais. O acto, aberto ao público, contará coa música de Pilo Sierra e María José Pámpano e o seu proxecto Satélite Salitre, e se lerán varios poemas por parte da veciñanza.
Filomena foi homenaxeada polo Concello de Ames o pasado ano, na conmemoración do Día Internacional das Mulleres, por ser exemplo vivo a seguir e un referente na loita pola igualdade. Poeta e veciña de Agrón, é autora da obra A Cancela, publicada por vez primeira en 1995 e reeditada polo Concello en 2006.
Podedes saber algo máis dela no artigo que publicamos, no xornal en papel, no mes de xullo do 2014, hai agora 5 anos.