Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames entrará como socio na Mancomunidade Serra do Barbanza

cig-preoardo-serra-do-barbanza-slide-23-decembro-2019_r

A historia da Mancomunidade Serra do Barbanza comezou no ano 2003 como proxecto de tratamento de lixo baseado na reciclaxe e a xeración de compost. Ao longo de dúas décadas creceu ata converterse nun exemplo a nivel europeo.

Como nas boas series sempre hai un xiro de guión e a falta de pagos de moitos concellos, as crisis económicas e unha mala xestión acabaron por poñer á Mancomunidade Serra do Barbanza ao borde do precipicio. Unha sentenza xudicial que obriga a pagar 9 millóns de euros á concesionaria FCC e o feito de que no vaso de recollida xa non entrara máis lixo parecían os dous últimos cravos do ataúde.

Unha nova esperanza

En 2023 o alcalde de Brión, Pablo Lago, convértese no presidente da Mancomunidade Serra do Barbanza co que ábrese unha nova esperanza. Desde entón conseguiu aprobar os primeiros orzamentos en dez anos.

Tamén se acordou levar lixo a SOGAMA como xeito de baleirar o vaso e poder seguir traballando, unha medida que non gusta aos socios pero que todos entenden como temporal. Finalmente decidiuse ter un cadro de persoal que xestione doutro xeito, con interventor, secretario, e administrativos.

Redactaranse uns novos estatutos e negociouse con FCC o pago da débeda en dez anos, o que abre a porta a unha nova licitación. Sobre a mesa estaba o posicionamento de concellos como o de Ames que a principios de este ano advertía da súa marcha se non se daban pasos.

No pleno de onte o concello de Ames aprobou entrar como socio na Mancomunidade Serra do Barbanza o que apuntala a recuperación e abre un pouco máis a saída do túnel para a planta de Louame.

Moitas incógnitas

No pleno tanto PP como Espazo Común explicaron o seu voto en contra en base á gran cantidade de dúbidas por resolver. Luísa Feijoo pedía ver os novos estatutos e criticaba que se trouxera a pleno porque era unha obriga e non polo interese en debater.

Oliva Agra, voceira do PP, tamén reclamaba ver os estatutos pero engadía preguntas como que capacidade de decisión terá Ames ou que sucede si se quere despois abandonar a Mancomunidade.

O BNG defendeu a entrada coma socios na Mancomunidade Serra do Barbanza. A voceira, Escarlata Pampín, criticou a falta de apoio parlamentario de Psoe e PP e explicou que iso foi o que, en parte, levou á planta á situación actual. Engadiu que levar o lixo a SOGAMA non é a mellor solución pero é un paso para sair da paralise.

O concelleiro responsable, Gustavo Neto, foi respondendo ás dúbidas nas dúas intervencións que tivo. Comezou dicindo que o cambio de postura do goberno municipal é froito dos cambios dados na xestión da Mancomunidade.

Eses cambios permitiron que se responderan as dúbidas que tiña Ames e polas que preguntara hai tres anos. Co paso do lixo a SOGAMA o vaso deixa de estar colmatado e cómpese a normativa europea; o poder de decisión de Ames cos novos estatutos será do 40%; todos os concellos excepto Rois, Pontecesures e Ames saben o que terán que pagar os vindeiros dez anos.

Nieto aclarou tamén que Rois debe un millón de euros e se quere deixan a Mancomunidade Serra do Barbanza terá que aboar a débeda nun único pago. Ames debe 9 millóns pero negociarase o pago dos intereses, en calquera caso segundo Gustavo Nieto a recollida fíxose e tense que pagar.

 O alcalde, Blas García, engadiu ao final do debate que para o seu goberno os 160 traballadores da planta son tamén unha razón de peso para que continúe funcionando e o que hai que conseguir e que se sumen máis concellos en esta nova etapa.

Post navigation

Previous: 77 anos para exhumar os corpos dos asasinados en Luou, Teo
Next: Programación de decembro no Museo do Pobo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.