Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Ames presentou as actividades do Día de Rosalía

Ames presentou as distintas actividades que terán lugar con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro xoves, 23 de febreiro.
ames-dia-de-rosalia-slide-14-febreiro-2023-(1)_r

2023

Bisbarra, 14 de febreiro do 2023 – Ames presentou as distintas actividades que terán lugar con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro xoves, 23 de febreiro.

O programa inclúe iniciativas que se estenderán durante varias semanas e preténdese revitalizar o pensamento e a figura de Rosalía. Son un total de citas que teñen como obxectivo poñer en valor a obra da poetisa entre a veciñanza e contribuír a que o alumnado dos centros de ensino se acerquen á poesía.

A programación Rosalízate está deseñada e organizada polos departamentos de Normalización Lingüística, Mocidade, Turismo e Bibliotecas municipais. Comeza onte coa colocación do photocall Rosalízate, instalado na praza do Concello, en Bertamiráns, e diante do centro de saúde do Milladoiro. Tamén onte abriuse a actividade O Xardín de Rosalía que organizan as Bibliotecas municipais do concello.

Para o martes, 21 de febreiro, ás 19.00 horas, está prevista a presentación do libro Mordouelias, Rosalía e As Terras da Maía. Será na Casa da Cultura do Milladoiro e contará coa presenza de Anxo Angueira e María López Sández. Ese mesmo día, ás 18.30 horas, plantarase unha filla da figueira da Casa – Museo Rosalía de Castro doada ao Concello de Ames.

O xoves, 23 de febreiro, ás 10.30 horas, farase un obradoiro de Rosalía coa asociación Arcea-Adames na biblioteca municipal do Milladoiro.

Por outra banda, do xoves 22 ao domingo 26 de febreiro desenvolverase unha nova edición das iniciativas “Caldo de Gloria” e “Café con verso” nos locais de hostalaría. Repartiranse unhas tarxetas con versos rosalianos para difundir a súa obra, pensamento e figura. A iniciativa Café con verso xurdiu no ano 2017 froito da colaboración entre o Concello de Ames e mailo poeta amesán Carlos Negro.

Ademais, a hostalaría servirá o caldo que a escritora describe no seu poema Miña casiña, meu lar de Follas Novas, e no que unha muller pobre conta como consegue, fronte ás adversidades que a rodean e ás súas propias penurias, facer un caldo de gloria. Con el non só logra alimentarse e sobrevivir: na súa humildade e ao pé do lume da lareira tamén é feliz. Así, os establecementos que participen recibirán tamén manteis de papel nos que se plasme ese mesmo poema.

O venres, 24 de febreiro, ás 17.30 horas, desenvolverase na biblioteca do Milladoiro a actividade denominada A miña historia. Trátase dun conto para achegarse á figura de Rosalía da man de Trémola Teatro.

Gala homenaxe a Rosalía de Castro

A Gala de homenaxe a Rosalía de Castro realizarase o sábado, 25 de febreiro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Participarán os centros educativos de Ames e contarse coa actuación de Najla Shami. A Gala estará presentada por Esther Estévez.

Ademais, o sábado 4 de marzo, farase a actividade Viaxando con Rosalía, unha viaxe literaria á Casa Museo Rosalía de Castro, situada en Padrón, guiada pola experta rosaliana María López Sández. A saída farase ás 10.00 horas, mentres que o regreso será ás 14.30 horas.

O herbario de Rosalía

Por último, do xoves 16 de marzo ao domingo 2 de abril farase unha exposición no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, sobre O herbario de Rosalía. Poderase visitar os xoves e venres, de 17.00 a 20.00 horas, e os sábado e domingos, pola mañá de 11.00 a 14.00 horas, e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.

Para rematar o xoves 16 de marzo, ás 19.00 horas, plantarase a camelia híbrida Rosalía de Castro, doada pola Casa-Museo Rosalía de Castro, e ás 19.30 horas inaugurarase a exposición cunha visita guiada.

Post navigation

Previous: Unha exposición mostra o día a día dos doentes de dano cerebral
Next: Touro dedica a maioría do Plan Único a gasto corrente

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.