Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Preocupación en Ames polos pozos descoñecidos

ames-deteccion-pozos-slide-26-novembro-2024_r

Bisbarra, 26 de novembro do 2024 – Despois de que un neno caera nun pozo en Bertamiráns, por sorte sen consecuencias, o concello de Ames pide axuda para localizar outros pozos e poder pechalos.

O Concello de Ames fai un chamamento á colaboración veciñal para a detección de estes pozos sen rexistrar, cubrir ou en mal estado. Tanto para comunicar a súa ubicación como para rexistralos pódese chamar ao 981 88 30 02 en horario de 9.00 horas a 15.00 horas; hai que falar co departamento de Medio Ambiente. Outra opción é escribir a gabinete@ames.gal cos datos do pozo en cuestión.

O pozo no que o pasado sábado caeu un rapaz de 6 anos estaba localizado nunha finca de titularidade privada. O Concello de Ames inicia agora unha campaña na que reclama colaboración veciñal para a detección deste tipo de infraestruturas, que representan un gran perigo para a poboación debido a que habitualmente encóntranse en mal estado por mor do abandono por parte dos propietarios ou mesmo polo propio descoñecemento da súa existencia.

Afortunadamente o cativo atópase en bo estado e os propietarios da finca xa foron notificados para que procedan a tapar o pozo. Dende o Concello apélase á responsabilidade dos donos para manter en bo estado estas infraestruturas e a rexistralas para evitar incidentes como o do pasado sábado. Por outra banda anúnciase que se fará unha revisión das propiedades municipais por se puidese existir algún pozo do que na actualidade non se teña constancia e pídese colaboración para a detección dos mesmos.

Fai pouco máis dunha semana xa se actuou dende a concellería de Medio Ambiente nunha finca próxima ao CEIP de Barouta, despois de que un veciño alertara dun pozo descuberto nas inmediacións do centro. Dende o Concello `procedeuse a cubrir o pozo e a balizalo, para despois localizar e notificar ao propietario do terreo, que resultou ser a Xunta de Galicia, quen automaticamente pasou a facerse cargo da situación.

Post navigation

Previous: Máis sentenzas confirman que o local da vella “sindical” é do concello de Santiago
Next: O becerro de ouro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.