Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames e A Deputación rematan a mellora da Avenida da Maía en Bertamiráns

ames-deputacion-avenida-da-maia-slide-22-outubro-2024-(2)_r

Bisbarra, 22 de outubro do 2024 – O presidente da Deputación, Valentín González, visitou esta as obras de mellora da Avenida da Maía do Concello de Ames, en Bertamiráns.

Xunto ao alcalde da localidade, Blas García, o deputado de Deportes, Antonio Leira, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitaron o resultado dos traballos en Bertamiráns e mantiveron unha reunión institucional no concello.

As obras consistiron en acondicionar e mellorar a estética e accesibilidade das  beirarrúas, así como ampliar os espazos para uso peonil . O investimento total desta obra ascendeu a 301.205 euros, dos que a entidade provincial aportou o 80% do financiamento, 240.964 euros, e a administración local a cantidade restante, 60.241 euros.

Formoso e García aproveitaron o seu encontro para asinar un novo convenio de colaboración para a construción dunha nova área de autocaravanas en Bertamiráns, anexa ao campo da festa da Peregrina.

O acordo permitirá a creación dun aparcamento con capacidade para 15 autocaravanas, das cales unha praza estará adaptada para manexo das persoas con mobilidade reducida. A área contará cunha plataforma para operacións de limpeza e enchido de depósitos, así como evacuación de augas.

O proxecto suporá un investimento de 71.399,30 euros, dos que preto do 80% serán financiados pola Deputación da Coruña para crear unha nova área “máis ampla, mellor xestionada, nunha situación máis óptima e necesaria”, segundo palabras do seu alcalde.

24 millóns de euros e 100 obras en Ames

Formoso destacou que a Deputación suma máis de 24 millóns de euros investidos en Ames desde 2016, boa parte deles con cargo ao Plan Único, que permitiu a execución de 100 obras e o financiamento de numerosos servizos no municipio cun modelo de financiamento “xusto para os concellos, no que dispoñen de total autonomía para decidir as súas prioridades”.

“Mentres o Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia ofrece un incremento de cero euros para o exercicio do 2025 a concellos como Ames, a Deputación aumentará o orzamento para todos os concellos en arredor dun 40% o vindeiro ano. Non se trata de poñer deberes a terceiros, pero si de dar valor ao que facemos nós”, apuntou Formoso.

Neste sentido, o presidente provincial destacou que o Plan Único alcanza este ano os 100 millóns de euros -2,2 millóns para o Concello de Ames- o que supón “un récord de investimento” para financiar obras e servizos públicos que melloran a calidade de vida da cidadanía. “Actuamos en mellora de infraestruturas, na área social, en cultura, en deportes…Ames é un concello moi dinámico e tratamos de dar resposta ás súas necesidades”, afirmou.

Post navigation

Previous: XXIII Festa da Castaña de Breixa
Next: Os orzamentos da Xunta provocan en Compostela reaccións esperadas

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.