Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Queixas pola mala execución de obras en Covas, Ames

ames espzo comun problemas covas 4 outubro 2025 (1)

Espazo Común denuncia a mala execución da obra de mellora da seguridade viaria en Covas non se corresponden co proxecto presentado.


Falabamos non hai moito dos problemas de accesibilidade das obras de humanización da rúa Rosalía de Castro no Milladoiro, en Ames. Agora denuncian a mala execución do proxecto de mellora dunha vía en Covas.

Dende Espazo Común denuncin o estado no que se está a executar a obra de mellora da seguridade viaria no lugar de Covas, que une A Igrexa co Lombao. Unha actuación incluída no POS Adicional 2/2024, cun orzamento de 121.609,66 euros para  465 metros de cuneta transitable, que tiña como obxectivo reforzar a seguridade peonil.

Segundo o proxecto aprobado, a senda debe contar cunha base de 15 cm de zahorra e 15 cm de pavimento de formigón con mallazo, previa demolición do pavimento anterior onde fose incompatible coa nova solución proxectada.

Segundo Espazo Común a realidade que se observa no lugar é moi distinta “como nos relata un veciño da zona, máis ben parece que volcaron alí un camión de formigón, sen o coidado, detalle nin calidade técnica que unha obra destas características require”.

A voceira, Luísa Feijoo, di que “ a veciñanza, que leva anos demandando esta actuación , merece respecto. E o que se está a facer é, máis ben, unha burla: unha execución deficiente que, co paso do tempo, a chuvia e o inverno, pode provocar que o tramo quede en peores condicións das que xa tiña”.

Espazo Común solicita un seguimento rigoroso da execución desta obra, así como das restantes que se están levando a cabo, xa que “temos constancia de outras actuacións mal executadas. É imprescindible que todas conten coas certificacións, sinaturas e controis pertinentes antes da súa recepción e pagamento por parte do Concello”.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do 29 de setembro ao 3 de outubro do 2025
Next: Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.