Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Fundación ForGa imparte no Milladoiro catro cursos gratuítos

ames cursos forga milladoiro 11 novembro 2025 (3)

Os cursos que imparte FORGA teñen unha alta inserción laboral para persoas desempregadas. Importante ter en conta que as prazas son limitadas e que tódolos cursos inclúen prácticas en empresas e formación en prevención de riscos laborais


A Fundación para a Orientación Profesional de Galiza (forGA) imparte na súa sede do Milladoiro (Ames) catro cursos gratuítos de alta demanda laboral para persoas desempregadas.

Os cursos son de “Organización e xestión de almacéns”, “Confección de páxinas web”, “Habilitación para a docencia en grados A, B e C do sistema de Formación Profesional”, e “Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos”.

A formación serve para que o alumnado obteña a certificación oficial que necesitan para traballar como técnicos/as en xestións de stocks e almacéns, un posto moi demandado polas empresas da comarca, ou como deseñadores/as de páxinas web, outra profesión de elevada inserción laboral.

Outro dos cursos habilita para traballar no tratamento dos datos e os arquivos das empresas, e o de docencia para exercer de formador/a de formación non reglada ou de formación para o emprego.

Hai un límite de 15 prazas por curso e as inscricións deben facerse na web de Forga. As persoas interesadas poden aclarar as súas dúbidas no teléfono 981 93 94 34.

Os cursos son 100% subvencionados, inclúen prácticas en empresas e formación en prevención de riscos laborais. Teñen preferencia as persoas desempregadas.

Post navigation

Previous: Compostela cuántica
Next: Unanimidade en Brión para subir a taxa do lixo

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.