Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames precisa un millón de euros para rematar o centro multifuncional do Milladoiro

Concello de Ames DSC_0186 slide_r

A Corporación municipal aprobou por maioría simple un suplemento de crédito, por valor de 550.220,30 euros, financiado cunha operación de crédito que se sumará ao remanente de tesourería, algo máis de seiscentos mil euros, do ano 2024.

O pleno municipal de Ames aprobou unha operación de crédito de máis de medio millón de euros encamiñada a rematar o edificio multifuncional do Milladoiro. Aprobouse tamén por maioría simple unha transferencia de crédito por valor de 150.247,16 euros, para sufragar gastos de distintos servizos municipais antes de que remate o exercicio 2025.

Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

O pleno, celebrado a pasada semana, levaba como punto central a aprobación dun suplemento de crédito financiado cunha operación de crédito, para o financiamento do contrato para o remate das obras de construción do centro multifuncional do Milladoiro, dirixido á mocidade e a persoas en risco de exclusión social.

O importe necesario para rematar ditas obras ascende a 1.097.687,03 euros. A dito importe hai que sumarlle 109.768 euros, correspondentes ao incremento do 10% da liquidación do contrato e dirección de obra, o que suma un importe total de 1.207.455,70,73 euros.

Para obter dito importe, o Concello dispón de 657.235,43 euros do remanente incorporado do exercicio 2024 e vai solicitar unha operación de préstamo por valor de 550.220,30 euros. Este punto foi aprobado por maioría simple cos votos a favor dos oito membros do Goberno municipal e a abstención dos 13 concelleiros e concelleiras do Partido Popular, BNG e Espazo Común.

O encargado de expoñer este punto foi o concelleiro de Urbanismo e Administración xeral, Víctor Fernández, que explicou que dita actuación “está incluída dentro do programa operativo Plurirexional 2014-2020 de España, financiado nun 80% con fondos EDUSI e nun 20% polo propio concello, e non puido ser rematada polo incumprimento do contrato por parte da empresa adxudicataria.

Nas instrucións de peche para o eixo 12 do Programa operativo Plurirexional 2014-2020 no que se encadra a citada actuación establécese que antes do 15 de febreiro de 2027, o Concello de Ames deberá ter rematadas as obras de construción do centro multifuncional e que este deberá estar en funcionamento, coa realización de actividades no seu interior, para non perder o importe xa recibido, que ascende a 505.347,18 euros”.

Víctor Fernández engadiu “a finais de 2024 o Concello encargou a redacción dun novo proxecto para completar a construción do centro multifuncional e procedeu a aprobar un novo proceso de licitación do contrato das obras en base ao novo proxecto mediante a tramitación anticipada do expediente.

Neste momento, o proceso de licitación atópase en fase de adxudicación, pero é necesario dotar de crédito mediante un suplemento de crédito financiado cun préstamo, para poder adxudicar o contrato e poder finalizar as obras”.

O debate

A voceira do grupo municipal de Espazo Común, Luísa Feijóo, dixo que “este novo suplemento de crédito é outro parche económico, pero esta vez van un pouco máis alá e inclúen unha operación de endebedamento. Cando se goberna a golpe de improvisación e de gasto, sempre nos queda tirar dun crédito de 500.000 euros para rematar unha infraestrutura que, sendo honesta, aínda non sabemos para que se vai a empregar”.

Por parte do BNG, a súa voceira, Escarlata Pampín, comezou facendo unha cronoloxía dos feitos acontecidos co proxecto do centro multifuncional e aludiu a que “no informe de intervención indícase que este préstamo por un importe superior ao medio millón de euros porá en risco o incumprimento da estabilidade orzamentaria do Concello, os prazos establecidos representan tamén un gran risco, e no caso de non poder finalizar a edificación nin executar actuacións dentro das súas instalacións antes do 15 de febreiro de 2027 o Concello deberá reintegrar o importe concedido de fondos europeos. Deste xeito, corremos o risco de ter que devolver medio millón de euros á Unión Europea, á vez que temos que pagar outro medio millón de euros, mailos xuros correspondentes do préstamo solicitado, todo isto a maiores dos custos que se foron acumulando dende o nacemento deste proxecto”.

O concelleiro do grupo municipal popular, Pablo Beiroa, explicou que “no orzamento municipal non hai crédito suficiente para poder rematar a obra, por iso hai que aumentar os ingresos coa incorporación de remanentes, que xa se fixo coa aprobación da liquidación orzamentaria no pasado mes de maio, e cunha operación de endebedamento bancario por un importe de 550.000 euros. Preocúpanos que o pouco que está executado, no que se investiron 505.000 euros de fondos europeos, no caso de que en febreiro de 2027 non estean rematadas as obras, haberá que reembolsar esa contía procedente da Unión Europea. Os prazos son moi xustos porque durante dous anos este Goberno non fixo absolutamente nada para buscar o financiamento necesario para rematar a obra”.

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “non me gusta que se lle dea a volta aos feitos. Aquí hai concelleiras que participaron en todas as decisións que se tomaron co proxecto do centro multifuncional. Agora parece que naquela etapa na que eran concelleiras do Goberno municipal non participaron. A min o que me parece é que nesta Corporación hai concelleiros e concelleiras que o que queren é que non se faga este centro multifuncional, porque lle vai mellor politicamente vender iso. Non só con este tema, senón que con outros moitos”.

Transferencia de crédito

Por outra banda, abordouse a aprobación dunha transferencia de crédito por valor de 150.247,16 euros para sufragar gastos de distintos servizos municipais. Este punto foi aprobado por maioría simple cos votos a favor dos oito membros do Goberno municipal e a abstención dos 13 concelleiros e concelleiras do Partido Popular, BNG e Espazo Común.

Este punto foi exposto pola concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, que explicou que “os gastos que hai que afrontar antes de que remate este ano 2025 son unha dotación adicional para actividades culturais. Durante o presente exercicio, o Concello asumiu a organización das festas patronais nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, o que supuxo un incremento significativo no gasto destinado a este tipo de eventos. Esta circunstancia fai necesario dotar de crédito adicional na área de cultura co fin de garantir a viabilidade do conxunto das actividades culturais previstas no orzamento anual, o obxectivo é evitar que o financiamento destas festas comprometa o desenvolvemento doutros programas culturais municipais, asegurando así unha oferta cultural equilibrada e accesible ao conxunto da cidadanía”.

Neste punto a oposición achacoulle ao Goberno municipal falta de planificación na xestión económica e criticou a ampliación da dotación económica adicional para actividades culturais.

A voceira do grupo municipal de Espazo Común, Luísa Feijóo, dixo “como o Concello asumiu as festas patronais do Milladoiro e de Bertamiráns, gastou máis do previsto, e agora vese comprometida a programación cultural do resto do ano. Temos que pedir un préstamo de máis dun millón de euros para rematar o centro multifucional do Milladoiro, pero para orquestras e verbenas que non falte. Presumimos de responsabilidade e despois derrochamos case 80.000 euros a maiores do presupostado en festas. Isto non é gobernar, é derrochar e improvisar”.

A concelleira do BNG, Rosalía Seijas, explicou “seguimos sen contar cun orzamento propio e isto ten consecuencias. Cando non hai orzamento aprobado, non hai planificación económica clara. No seu lugar, temos continuas transferencias de crédito, auténticos remendos improvisados que amosan a incapacidade do Goberno de presentar e negociar unhas contas municipais serias. É certo que nesta transferencia atopamos cuestións necesarias ás que hai que dar cobertura, pero a partida destinada ás festas no orzamento prorrogado de 2024 xa era de 152.000 euros e decidiron gastar 78.650 euros a maiores. Fai falta endebedar ao Concello porque carece de recursos propios para rematar o centro multifuncional, pero parece que para gastar case 79.000 euros nas festas si que temos recursos”.

O concelleiro do Partido Popular, Jose Ramón Oulego, dixo “nesta transferencia de crédito hai actuacións moi demandadas como as reparacións no campo de fútbol do Milladoiro ou o arranxo do sistema de megafonía do pavillón de Bertamiráns e maila obriga que temos de aumentar os monitores dos comedores escolares, pero a maior parte desta transferencia vai a suplementar unha partida de 152.000 euros de cultura, polo que estamos a falar dunha partida total de 230.000 euros como consecuencia de ter pagado as festas. Neste contexto económico cabe preguntarse se aumentar o gasto das festas realmente é unha prioridade e se se pode considerar unha boa xestión económica. Nós consideremos que non é unha prioridade nin un unha boa xestión económica”. 

Post navigation

Previous: O Outono das Artes da Deputación levará 4 actuacións a Negreira
Next: A alcaldesa de Lousame renuncia ao cargo por motivos personais

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.