займ срочно

Ames consegue repartir as 3.000 tarxetas de axuda ao comercio

0

Ames, 10 de marzo do 2021 – A proposta das tarxetas de apoio ao comercio do concello de Ames resultaron ser un éxito ao esgotarse todas en pouco máis dunha semana e provocando en algún momento colas para adquirilas.

Ames repartiu 3.000 dos denominados bonos Merc@mes.   En total, vendéronse 1.000 tarxetas de 100 euros, cargadas con 40, e 2.000 de 50 euros, cargadas con 20. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 280.000 euros.

A campaña desenvólvese en dúas fases. A primeira, xa en marcha, durará ata o  1 de maio, mentres que a segunda fase será do 1 de setembro ata o 31 de outubro. A realización das compras con ditas tarxetas pódese realizar exclusivamente nestes dous períodos.

A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40% do valor da mesma. Ditos bonos funcionan como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN (anónimas). Ademais, estas tarxetas poderán ser utilizadas tamén en futuras promocións que se poñan en marcha desde o Concello.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, agradece a implicación nesta campaña das tres asociacións de comerciantes e empresarios do municipio: Asociación de Pequenos Comerciantes Palmira Bulebar; Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro; e Asociación Xuntanza de Empresarios de Ames; “Hai que agradecer a súa implicación na campaña, tanto no que se refire á súa posta en marcha como á venda de tarxetas. Tamén hai que agradecer a implicación da veciñanza que en pouco máis dunha semana compraron as 3.000 tarxetas que estaban a venda. Agora só queda que as persoas que adquiriron dita tarxeta fagan as súas compras nos establecementos comercias de Ames ata o 1 de maio. Posteriormente, abrirase un segundo período, do 1 de setembro ata o 31 de outubro, no cal tamén se poderán usar as tarxetas-bono Merc@mes”.

170 establecementos adheridos á campaña

170 establecementos comerciais adheríronse á campaña de tarxetas bono Merc@mes. Entre eles non figuran espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas), estacións de servizo de combustible, salas de xogo/apostas, farmacias e demais establecementos sanitarios e estancos, posto que nas bases se establecía que este tipo de negocios non poderían incluírse na campaña.

Si que se incluíron ópticas, clínicas veterinarias, psicotécnicos, clínicas dentais, establecementos ortopédicos e parafarmacias. As tarxetas non son válidas para a compra en tendas on-line, a través da Internet. Os establecementos adheridos á dita campaña dispoñen dunha pegatina no escaparate de Merc@mes, para que a clientela os poida distinguir e saber en cales poden poder facer uso das tarxetas – bono. Preme nesta ligazón para consultar os establecementos adheridos a dita campaña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies