Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Condenan a Augas de Ames por vulnerar o dereito a liberdade sindical

ames-augas-logotipo-slide-5-abril-2024_r

O Xulgado do Social condena ao concello de Ames a pagar unha indemnización de 15.000 euros.

Nun comunicado emitido hoxe Espazo Común de Ames desvelou que o Xulgado do Social nº 1 de Santiago condenou á empresa municipal Augas de Ames por impedir a entrada do delegado sindical no Consello de Administración e obriga ao Concello a indemnizar con 15.000 euros.

Espazo Común lembra que Augas de Ames é a primeira “porta xiratoria do municipio” xa que nomeou como xerente da empresa municipal de augas a ex concelleira de Podemos Genma Otero co voto de calidade do alcalde sendo a candidata con menor puntuación.

A sentencia recoñece que se vulnerou o dereito á liberdade sindical ao impedir que o delegado de persoal ocupase o posto estatutario que lle correspondía no Consello de Administración, unha obriga recollida  no artigo 8 dos Estatutos da EPEL,  nomeando no seu lugar a unha persoa “ad hoc”.

Espazo Común lembra que, ademais desta condena, a Empresa Municipal de Augas non foi capaz tampouco de cumprir cas expectativas económicas xa que se prevía uns beneficios de medio millón de euros que finalmente foron de 43.172,65€.

Espazo Común esixe a “asunción inmediata de responsabilidades políticas e o respecto pleno á representación sindical recoñecida legalmente. Unha empresa pública non pode seguir sendo refén de manobras partidistas; o goberno de Ames debe dar resposta á altura que merecen os veciños e veciñas”.

Post navigation

Previous: O Pino adxudica a axuda no fogar, SAF, cun orzamento de 660.000 €
Next: Oroso e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar presentan as melloras no local de maiores

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.