займ срочно

Terceira edición do concurso Enfoca Ames

0

Bisbarra, 26 de maio do 2023 –  O concello de Ames e XEA, Xuntanza de Empresarios de Ames, convocan a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames.

O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello. Os participantes do Enfoca Ames terán que presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do municipio.

O prazo de entrega das imaxes está aberto ata o vindeiro 11 de xuño. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.

No certame poden participar todas as persoas residentes en España, maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de orixe. As fotografías teñen que ser orixinais e inéditas. A inscrición no concurso é gratuíta.

Admítese unha fotografía por cada unha das categorías: paisaxe, macro e artística. Na categoría paisaxe a fotografía debe mostrar os espazos do mundo que adoitan captar a presenza da natureza, pero tamén poden centrarse en características creadas polo home ou perturbacións das paisaxes.

Na categoría macro a fotografía debe permitir amplificar as cousas que son pequenas a simple vista. Por último, na categoría artística permítese a posibilidade de editar e manipular a captura orixinal. Esta categoría está relacionada cun aspecto máis subxectivo e incluso surrealista. 
As bases recollen a concesión de tres premios en cada unha das tres categorías. O primeiro de 100 euros, o segundo de 50 euros e o terceiro de 25 euros. Os nove premios son cheques para gastar nos comercios asociados á XEA.

O resultado do concurso será publicado o día 20 de xuño nas páxinas web de XEA e do Concello de Ames. As persoas agraciadas serán notificadas mediante chamada telefónica. Este ano o xurado estará composto por 4 persoas. Dos 4 membros do xurado, dous serán aportados por XEA e outros dous polo Concello de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies