Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames comezará a campaña de bonos Merc@mes o 15 de setembro

O Concello de Ames decidiu esperar ata o 15 de setembro para dar comezo á seunda fase da campaña de bonos de compra Merc@mes.
ames-bonos-comercio-slide-normal-19-de-febreiro-do-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 20 de agosto do 2021 – A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames decidiu esperar ata o 15 de setembro para dar comezo á seunda fase da campaña de bonos de compra Merc@mes.
    • O Concello aporta o 40% do valor dos bonos
    • Unha tarxeta bono de cada tipo por persoa

Ames, 20 de agosto do 2021 – A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames decidiu esperar ata o 15 de setembro para dar comezo á seunda fase da campaña de bonos de compra Merc@mes.

Calquera persoa, residente ou non, no concello de Ames, pode adquirir os bonos que se poñerán a venda a partir do mesmo día 15 de setembro en Bertamiráns e no Milladoiro, tan só presentando o DNI que o acredite como maior de 18 anos. Ata o momento hai 207 establecementos adheridos a esta campaña.

A promoción durará ata o 15 de novembro. A relación dos establecementos adheridos será publicada na páxina web municipal e na páxina web da entidade colaboradora, XEA. O Concello de Ames inverte 92.000 euros en axudas directas a adquisición de bonos para incentivar  as compras nos establecementos comerciais do Concello nesta segunda fase da campaña. Esta contía inclúese no programa Ames Progresa que se aprobou no pleno ordinario do mes de xullo.

A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames poñerá ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda igual ao 40% do valor da mesma. O Concello de Ames nesta segunda fase da campaña poñerá ao dispor dos beneficiarios, a través da entidade colaboradora, un total de 2.800 tarxetas que funcionarán como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN (anónimas).
Estas tarxetas poderán ser utilizadas en futuras promocións que se poñan en marcha desde o Concello de Ames. O Concello de Ames cofinanciará dous tipos de tarxeta-bono Reactiva Ames:

  • 1.000 tarxetas Reactiva Ames por valor de 50 euros. Do valor total da tarxeta o Concello de Ames achegará 20 euros e a persoa beneficiaria achegará 30 euros.
  • 1.800 tarxetas Reactiva Ames de 100 euros. Do valor total da tarxeta o Concello de Ames achegará 40 euros e a persoa beneficiaria achegará 60 euros.

O Concello aporta o 40% do valor dos bonos

O Concello de Ames destina a esta segunda fase a cantidade de 100.400 euros, dos que 92.000 euros son axudas directas á adquisición de bonos e os 8.400 euros restantes destinásense a sufragar os custos que supón a adquisición das tarxetas-bono. A achega municipal supón un 40% do saldo de cada tarxeta como medida de apoio ao comercio local. A axuda de 100.400 euros que dará o Concello ás asociacións de comerciantes permitirá poñer en movemento 230.000 euros para gastos directos no comercio local, que sumados aos 200.000 da campaña anterior suman unha cifra de 430.000 € de volume de negocio.

Unha tarxeta bono de cada tipo por persoa

A axuda do Concello de Ames é igual ao 40% do valor da tarxeta-bono solicitada pola persoa beneficiaria. Cada persoa poderá solicitar e adquirir un máximo de 1 tarxeta-bono de cada tipo; é dicir, cada persoa poderá adquirir como máximo unha tarxeta bono de 50 € e unha tarxeta bono de 100 euros. As persoas que na primeira fase da campaña colleran unha soa poderán coller a outra . As persoas que teñan xa as dúas tarxetas, non poderán coller outras. Lémbrase ás persoas solicitantes que non tiren as tarxetas xa que poderán reutilizalas nas próximas campañas .

Post navigation

Previous: A Deputación financia a vía que une a igrexa de San Andrés de Barciela co cruce da Candelabeira, en Santiago
Next: O PP de Teo propón que o concello asuma a restauración da Casalonga

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.