Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Os comedores escolares de Ames reciben a acreditación Km 0

A Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames recibiu a acreditación de comedores escolares Km 0 e pasan a formar parte da rede galega.
ames-calidade-comedores-slide-12-xunho-2023-(2)_r

Bisbarra, 12 de xuño do 2023 – A Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames recibiu a acreditación de comedores escolares Km 0 e pasan a formar parte da rede galega.

A acreditación Km 0 para comedores escolares está impulsada pola asociación Slow Food Compostela. Tratase dun colectivo ecogastronómico que promove unha “nova gastronomía” entendida como expresión da identidade e da cultura.

No acto de recepción participaron a presidenta da asociación Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo; o concelleiro de Educación e Axenda Urbana en funcións, David Santomil; e técnica  municipal do departamento de Educación, Rosa García.

As placas entregadas acreditan que nas cociñas dos comedores escolares de Ames se empregan produtos de proximidade e se aposta pola sustentabilidade a través da xestión de residuos. As placas colocaranse nas cociñas das escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro, así como nas cociñas do CEIP Agro do Muíño da da EEI Milladoiro.

Dende o ano 2015 o Concello de Ames está realizando un esforzo importante para incorporar novos produtos de proximidade, en particular produtos da horta, aos menús da Rede municipal de comedores escolares. No 2020 sumáronse á primeira edición da campaña “Come Local”, promovida pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) en colaboración con Slow Food Compostela.

Para obter a distinción Km 0, o departamento municipal de Educación tivo que realizar diferentes trámites. Un deles enviar unha lista dos provedores cos que se traballa para que fose analizada por Slow Food Compostela e certificasen que se cumpren os requisitos esixidos para dispor de dita distinción.

Aprovisionamento dun 50% ou máis de produtos galego

Imaxe de arquivo dos comedores escolares de Ames

Neste senso a presidenta da asociación Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo, explica que “unha vez que os centros compren uns determinados requisitos, en liñas xerais, aprovisionarse dun 50% ou máis de produtos galegos e mercando parte dos mesmos directamente ao produtor fomentando as canles curtas de comercialización e as plantacións a medida, outórgaselle a distinción de Comedor Escolar Km 0, para darlle visibilidade e que sirva de exemplo para moitos máis que queiran unirse a este proxecto. Este é o caso da Rede municipal de comedores escolares do Concello de Ames que despois de 4 anos de asesoramento pola nosa parte, acada por fin este distintivo”. 

Post navigation

Previous: Novos cortes na autovía de Brión polo arranxo do asfalto
Next: Cultura Dispersa, a proposta de Rois para o verán

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.