займ срочно

Ames proxecta “Pringadas” dentro do abril de cine

0

Bisbarra, 12 de abril do 2023 – O concello de Ames segue co seu abril de cine e este sábado proxectarase a web serie “Pringadas” sobre os problemas da xeración Z.

A cita será na Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro sábado, día 15, a partir das oito da tarde. As entradas pódense adquirir no seguinte enlace. “Pringadas” acadou o Carballo Interplay e estivo nominada nos XXI Premios Mestre Mateo como mellor serie web.

En “Pringadas”, Xoana, Catu e Antía, tres universitarias, amigas e compañeiras de piso, exploran temas como o amor, a rotura coas amizades ou as enfermidades de transmisión sexual. A estética da serie busca reproducir os códigos visuais propios da xeración Z, como a volta á moda dos 80.

A peza, dirixida por Belén Puime, que tamén estará presente na proxección da película, está filmada en recoñecidos lugares de Santiago de Compostela, como a residencia Monte da Condesa, a Cidade da Cultura ou diversas rúas do casco histórico, achegando así aos espectadores a unha realidade moi próxima á súa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies