Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Ames publica as condicións para as adxudicacións no cemiterio municipal

ames cementerio batans slide 9 xaneiro 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 24 de agosto do 2017 –  O Concello de Ames vén de publicar o prego de condicións que rexerán a adxudicación de concesións de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames, situado no lugar de Os Batáns.
    • Horarios de apertura do cemiterio

Ames, 24 de agosto do 2017 –  O Concello de Ames vén de publicar o prego de condicións que rexerán a adxudicación de concesións de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames, situado no lugar de Os Batáns.

En conformidade co artigo 87 do Real decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das Entidades Locais, e con carácter previo á súa licitación, sométese a información pública o devandito prego durante un prazo de trinta días hábiles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal. Durante este prazo calquera persoa poderá presentar reclamacións ou suxestións a este prego.

O devandito prego regula o procedemento de adxudicación para uso privativo de nichos, tumbas, panteóns e columbarios, que están situados nas rúas 1, 2, 6 e 7 do cemiterio municipal de Ames. Hai dous tipos de panteóns: o tipo A dispón de 3 nichos e 1 columbario, mentres que o tipo B dispón de 4 nichos. A información relativa a dito prego pódese consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

Este prego está regulado en coordinación co regulamento do cemiterio municipal. Deste xeito, establecéronse varias modalidades para poder solicitar diversas concesións. A primeira opción é da concesión por un período de 25 anos, con posibilidade de renovación por períodos de 25 anos ata un máximo de 75 anos. A segunda opción é a concesión por un período de 75 anos, non renovables. O prazo computarase a partires da formalización do documento administrativo que corresponda, previo abono da taxa nos termos recollidos na ordenanza fiscal reguladora e no dito prego.

Unha vez remate o período de exposición pública do prego, abrirase un prazo de solicitude. Posteriormente, realizarase a adxudicación dos nichos, tumbas, panteóns e columbarios, para que a partir dese momento se poidan comezar a empregar estas instalacións do cemiterio. Ademais, faltan por aprobar dúas ordenanzas que o goberno ten que levar a pleno, para que, se procede, sexan aprobadas pola corporación municipal. Unha delas recolle os prezos de diferentes servizos como poden ser o uso da sala de autopsias, da colocación de lápidas, etc. Estes servizos serían prestados polo Concello e posteriormente cobraríanselles ás persoas que os contrataron. A segunda ordenanza recollerá as taxas dos permisos que hai que sacar para o uso dos citados servizos.

Horarios de apertura do cemiterio

Ademais, cómpre lembrar que dende o pasado 1 de agosto o cemiterio municipal está aberto á cidadanía. A partir do mes de setembro a veciñanza amesá poderá ir a velo antes de presentar as súas propostas para a concesión de uso dos nichos, tumbas, panteóns e columbarios. Existen dous horarios diferentes: o horario de verán (do 1 de agosto ao 30 de setembro de 2017) préstase de luns a venres, de 9:00 a 13:00h e de 18:00 a 20:00h, así como os sábados, domingos e festivos de 10:00 a 14:00h, mentres que o horario de inverno (do 1 de outubro ata o 31 de decembro de 2017) será todos os días (incluídos sábados, domingos e festivos) de 10:00 a 18:00 horas.

Post navigation

Previous: pere Tobaruela, de Xente de Rois, quere que o concello se sume a campaña En Negro contra a Violencia
Next: Oroso abrirá una investigación sobre un caso de suplantación de identidade

Máis novas

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel Millarock 2026
5 minutes read
  • Xeral

XV Millarock en Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.