Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames cara a unha cuestión de confianza

O goberno municipal do concello de Ames ven de presentar uns orzamentos que non contan con respaldo suficiente

AMES ORZAMENTOS 20 FEBREIRO 2026

A un ano e pouco para as vindeiras eleccións municipais parece que o Psoe de Ames, que goberna en minoría, camiña cara a unha moción de confianza. Ven de presentar uns orzamentos que non contan co respaldo suficiente nin para conseguir unha abstención de PP ou BNG que permitira a súa aprobación. 

Tanto os populares como os nacionalistas avanzan que votarán en contra. O Partido Popular non foi nin chamado a negociar e co BNG só existiu unha reunión, na que non estivo o alcalde, e tras a cal respondeuse ás demandas do BNG por correo electrónico.

Uns orzamentos consolidados

Así as cousas todo a punta a uns orzamentos que terán que ser aprobados vía moción de confianza. Os orzamentos que os socialistas levarán ao pleno de Ames ascenden a 43.334.228,98 euros. Inclúen o orzamento municipal de 38.753.577,15 euros e mailo orzamento da EPEL Augas de Ames de 4.580.651,83 euros.

Trátase do orzamento máis elevado da historia de Ames, o que supón un incremento do 18,89% con respecto ás contas do ano 2024; aprobadas en aquel momento grazas á abstención do BNG e que foron prorrogadas no 2025.

O crecemento chega principalmente pola consecución de fondos EDIL que fan un total en investimentos de 8.096.920,23 euros, o que supón case un 21% do total do orzamento, que xunto coa prestación de servizos (42,65%) supoñen un 63,54% do total.

Este mércores celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas e o vindeiro luns, 23 de febreiro, haberá un pleno extraordinario para debater e aprobar de xeito inicial, se procede, dito orzamento. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Segundo indicou Susana Señorís, concelleira de Servizos Económicos, “as principais claves que se recollen neste orzamento son os novos investimentos, a captación de fondos externos, os servizos de calidade, o compromiso cos/as traballadores/as municipais e a xestión financeira”.

Señarís destacou que “as contías máis importantes da área de investimentos son 1 millón de euros para o novo mercado de abastos e banco de terras de produción local, que está incluído dentro do plan Conecta Ames, que foi seleccionado dentro da convocatoria para a asignación de senda financeira do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aos plans EDIL; 1.113.000 euros para dotar de cuberta ás pistas polideportivas do Milladoiro; 810.000 euros para mercar un autobús para a liña Bertamiráns – O Milladoiro; e  416.096,99 euros do PERTE para a mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga que recolle un gran número de actuacións clasificadas en tres grandes grupos: planificación, mellora de eficiencia e dixitalización, e xestión da información”.

Por outra banda, dixo que “para o gasto corrente e á prestación de servizos contémplase unha partida de 16.530.307,47 euros que garanten que o Concello funcione con eficacia, mantemento de parques e xardíns, actividades culturais e deportivas, educación, medio ambiente, promoción do comercio, e benestar social. Temos que engadir que moitos destas actuacións non poderían levarse a cabo sen algo fundamental no noso concello, como é o persoal, partida que se incrementa nun 32,32% no que se recolle unha subida do 2,5% de atrasos, a  subida contemplada na RPT, e a subida aprobada polo Goberno do Estado. A non aprobación deste orzamento suporía que os atrasos se acumularan, e repercutiría negativamente xa que non se actualizarían as retribucións do persoal. Ademais, non sería posible executar este orzamento sen a colaboración de outras administracións que confían en Ames, resultado de anos de bo facer e responsabilidade”.

Críticas do BNG

No 2024 o BNG de Ames abstívose na votación o que xerou un empate en votos que permitiu aprobar os orzamentos co voto de calidade do alcalde. En esta ocasión os nacionalistas xa avanzaron que a asemblea local decidiu por unanimidade votar en contra “pola imposibilidade dun proceso real de diálogo”.

O certo é que, máis alá do clima que se dera na reunión, Psoe e BNG só se viron nunha ocasión e a resposta do grupo de goberno ás propostas nacionalistas fíxose por correo electrónico.

Un dos principais escollos foi a petición do BNG de desistir do proceso de venda das parcelas públicas e reservar unha porcentaxe para vivenda protexida. A negativa a esta petición bloque posibles acordos nunha negociación que case non comezara.

A voceira nacionalista, Escarlata Pampín dicía que “É imposible negociar con quen non está interesado, chegamos á xuntanza coa mellor das vontades, pese a que nos chamaron cando xa estaba anunciada a data do pleno para a aprobación do orzamento, que era en menos de tres semanas, o que daba idea de que non tiñan nin o máis mínimo interese en  dialogar”

O resto da oposición tampouco

O PP tampouco está disposto a absterse nunha votación sobre a que nin tiveron oportunidade de falar aínda que si mandaron algunha proposta. O último grupo da corporación, Espazo Común, tamén parece que votara en contra aínda que se o voto fora favorable seguiría sendo insuficiente.

Así as cousas todo apunta a que o Psoe de Ames apostará por vincular os orzamentos a unha moción de confianza que lle permita, previsiblemente, sacalos adiante e prorrogalos xa ata as eleccións do 2027. 

Post navigation

Previous: Santiago(é)Tapas enche Compostela de sabor
Next: Músicas na Linde: Rapants Club, o novo de The Rapants, publícase o 4 de marzo

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.