Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Ames acollerá o Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros

A International Association of Ultrarunners (IAU) é una organización internacional que organiza probas atléticas de ultrafondom destacando as de 100 quilómetros e 24 horas

ames camionato mundo 100 quilometros 13 xaneiro 2025

O pasado mes de outubro a cidade francesa de Albi acolleu a proba de 24 horas que organiza a IAU, o vindeiros mes de setembro será Ames a encargada de acoller o campionato do mundo de cen quilómetros.

Para saber máis de este tipo de probas podedes ler as dúas entrevistas que lle fixeos ao amiense Diego Rojo quen ten corrido varias delas, https://tinyurl.com/22yg32rg  , e mesmo participou na Spartathlon 2018que consta de 246 quilómetros de percorrido, https://tinyurl.com/2yh5fd3d .

Agora Rojo poderá correr en casa, se o decide, xa que o  Concello de Ames será a sede do Campionato do Mundo IAU de 100 km 2026, a probas máis relevante do atletismo internacional de ultrafondo, que se ven celebrando dende o ano 1987 e que acollerá o 20 de setembro de 2026 o municipio.

A designación foi anunciada oficialmente pola International Association of Ultrarunners (IAU) tras a aprobación da candidatura presentada polo Comité Organizador Local, coa colaboración da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e o apoio das institucións galegas e locais.

O alcalde, Blas García, destaca que esta elección supón un fito histórico para Ames e “un recoñecemento á nosa capacidade para organizar eventos deportivos de máximo nivel que, sen ningunha dúbida, repercutirán moi positivamente no municipio”.

Pola súa banda a concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca a experiencia do Concello de Ames na organización de probas deportivas e abre a porta a seguir acollendo competicións desta envergadura.

O campionato reunirá en Ames a atletas de elite procedentes de todo o mundo, que competirán representando ás súas seleccións nacionais sobre a distancia de 100 quilómetros, nun evento de gran impacto deportivo, social e económico.

A celebración desta proba converterá o municipio nun escaparate internacional, con ampla proxección mediática e unha importante repercusión para o tecido económico e turístico da contorna.

Nos vindeiros meses, o Concello de Ames, xunto co Comité Organizador e as entidades colaboradoras, irá facilitando información detallada sobre o percorrido, a programación oficial e as actividades paralelas que acompañarán a celebración do Campionato do Mundo IAU de 100 km 2026.

Post navigation

Previous: Teo valora pechar as instalacións deportivas de Rebordelos despois do comunicado da SR Calo
Next: A Bandeira acolle a presentación do Entroido tradicional da Ulla

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.