Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Reclaman a transferencia dun tramo ferroviario en Ames

Néstor Rego con Escarlata Pampín e outros membros do BNG

O BNG pedirá ao goberno central a transferencia dun tramo abandonado da antiga vía férrea Coruña Vigo coa intención de que se converta en senda peonil


O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado o traspaso ao Concello de Ames da titularidade do tramo ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña, coa finalidade de recuperar o espazo e transformalo nunha senda verde peonil.

O Deputado nacionalista no Congreso do Deputados, Nestor Rego, visitou hoxe a zona acompañado pola voceira municipal do BNG, Escarlata Pampín, e o resto de concelleiros do grupo na corporación.

Nestor Rego explicou que “O que no seu momento foi unha infraestrutura de transporte estratéxica, converteuse nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro que está completamente abandonado”.

Rego engadiu que o obxectivo é “Pasar do abandono e o deterioro a conservalo, polo en valor e transformalo nun recurso útil e beneficioso para a veciñanza”. Para o Deputado “A recuperación deste tramo ferroviario como senda verde axudaría a impulsar un modelo de desenvolvemento máis respectuoso co medio, en coherencia coas políticas da Axenda 2030 que apostan pola mobilidade sustentábel, ademais de promover a rehabilitación do patrimonio en desuso”.

A creación de itinerarios para o tránsito peonil, subliña o deputado nacionalista, contribúe á mellora da calidade de vida, á promoción de hábitos saudábeis e á posta en marcha de alternativas de mobilidade non contaminantes. Neste sentido, o BNG entende que tanto o Ministerio de Transportes como o Concello de Ames deben comprometerse con este proxecto e iniciar as solicitudes pertinentes reclamando o traspaso.

Cumprir o acordado: o BNG de Ames e os Orzamentos municipais

Pola súa parte, a voceira municipal do BNG no Concello de Ames, Escarlata Pampín, lembra que esta actuación foi unha iniciativa da organización nacionalista que formaba parte do acordo entre O BNG e o grupo socialista para a aprobación definitiva dos Orzamentos municipais.

“Conseguir o traspaso figuraba no acordo político entre o BNG e o PSOE para que, coa nosa abstención, os orzamentos saísen adiante. A día de hoxe, nada se sabe sobre as xestións que o goberno municipal realizou sobre o tema” denuncia Pampín.

Post navigation

Previous: Pixel á Feira, das pantallas ao Palacio de Congresos de Compostela
Next: Os pais do Monte dos postes piden máis persoal

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.