Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Ames recibe máis dun millón de euros para dixitalizar o ciclo urbano da auga

ames-mesa-da-auga-slide-22-novembro-2016_r

Bisbarra, 21 de agosto do 2024 – O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ven de conceder ao concello de Ames unha axuda de 1.131.309,77 € para dixitalizar a xestión o ciclo urbano da auga.

O proxecto “Ames Digital Water” usará a tecnoloxía para mellorar a eficiente do ciclo completo da auga, desde a captación ata a reutilización. O 75,43% do orzamento total será sufragado con fondos gobernamentais, mentres que o 24,57% restante, 368.418,06 euros, serán sufragados con fondos municipais.

O alcalde de Ames, Blas García, explica que o proxecto “abarca o ciclo da auga na súa totalidade, e contempla tanto a modernización e dixitalización da rede como a mellora da comunicación e participación da veciñanza. Por exemplo, os veciños e veciñas poderán acceder a unha app para trasladar as incidencias relacionadas co ciclo, o que é un importante avance na mellora da participación e gobernanza”.

Así mesmo, destaca que “esta subvención supón un gran impulso para o ciclo integral da auga do noso concello, especialmente para a empresa municipal que, con poucos meses en funcionamento, xa recibiu esta importante axuda para o seu desenvolvemento”.

Posto en marcha en xaneiro deste ano, e cunha duración prevista de 30 meses, esta iniciativa aspira a facer de Ames un referente na xestión municipal dos recursos hídricos a través da transformación dixital. Deste xeito, búscase mellorar a calidade de vida da veciñanza e fomentar a sostibilidade ambiental, así como fixar de poboación no concello.

Obxectivos

O principal obxectivo do proxecto é dotar ao municipio de servizos modernos e de calidade relacionados coa xestión do ciclo da auga. A través da transformación dixital, Ames mellorará a eficiencia no uso dos recursos hídricos, garantirá a sustentabilidade ambiental e proporcionará á cidadanía un entorno favorable para o desenvolvemento dos seus proxectos de vida.

En canto aos obxectivos específicos, destacan a dixitalización de infraestruturas hidráulicas (implantación de tecnoloxías avanzadas para controlar e xestionar a infraestrutura hidráulica do municipio, mellorando a detección e resposta ante posibles incidencias); a participación cidadá (desenvolvemento de plataformas dixitais para implicar á comunidade na toma de decisións sobre o uso responsable da auga, promovendo a concienciación ambiental e a corresponsabilidade), optimización do uso da auga (implantación de sistemas intelixentes para a xestión eficiente do abastecemento de auga, incorporando tecnoloxías que permitan axustar o abastecemento ás necesidades reais e promovendo o aforro); a formación e sensibilización (con programas de formación para persoal municipal e cidadáns, centrados no uso responsable da auga e no uso correcto das novas ferramentas dixitais); e a gobernanza colaborativa (establecemento de mecanismos de coordinación entre o Concello de Ames e as entidades supramunicipais para compartir coñecementos, recursos e boas prácticas na xestión da auga).

Actuacións previstas

“Ames Digital Water” recolle un gran número de actuacións clasificadas en tres grandes grupos: Planificación, mellora de eficiencia e dixitalización, e xestión da información.

As relativas á planificación comprenden dende plans variados como poden ser de emerxencia ante a seca, de xestión dos sistemas de saneamento,  uso da auga rexenerada e plans de protección civil fronte a inundacións. Por outra banda tamén se contemplan protocolos de vixilancia, plans sanitarios e de xestión do control de calidade así como estudos de diagnóstico e xestión de fugas e hidroxeolóxicos.

En cantos ás melloras a nivel de eficiencia e dixitalización levaranse a cabo actuacións melloras técnicas que repercutan nos sistemas de abastecemento, saneamento e tratamento de augas. Tamén se dixitalizarán as captacións, os sistemas de abastecemento, os sistemas de abastecemento, os de saneamento e depuración e os de vertido de augas residuais.

Por último, no referente á xestión da información, levaranse a cabo melloras nos portais web da administración, e desenvolveranse sistemas de información e ferramentas dixitais para a telexestión e o telemando das instalacións e das infraestruturas.

Post navigation

Previous: Boqueixón investirá 100.000 € na mellora da EDAR de Pousada
Next: XVII Feira do Románico de Negreira

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.