займ срочно

O Ames Jazz 2023 será os días 7 e 8 de xullo

0

Bisbarra, 11 de abril do 2023 – O Departamento de Cultura do concello de Ames organiza un ano máis o Ames Jazz que se celebrará os vindeiros 7 e 8 de xullo no Pazo da Peregrina.

Trátase da sexta edición do Ames Jazz e incluirá dous concertos e a proxección de dous documentais. No acto estiveron presentes a concelleira de Cultura, Natividade González; o director artístico, Xacobe Martínez; o músico Alejandro Vargas e a produtora de Diego Alonso, Constance Hurlé.

O primeiro dos concertos programados terá lugar o 7 de xullo, e correrá a cargo de Diego Alonso 5NTET, un grupo liderado polo saxofonista e compositor vigués que dá nome ao mesmo.

As composicións do quinteto nacen da necesidade da expresión a través da música propia do líder da formación, sendo a meirande parte creación do músico. A banda sitúase no eixo do jazz contemporáneo, partindo de diversas abordaxes rítmicas, tímbricas e estilísticas.

Xa na segunda xornada, a do día 8, actuará o trío Alejandro Vargas. O pianista que lle da nome ao grupo, natural de Holguín (Cuba), leva afincado en Galicia dende hai máis dunha década, tras unha longa traxectoria musical no seu país.

A súa carreira está principalmente vinculada ao jazz e á música contemporánea. Chegará a Ames acompañado de José Manuel Díaz no contrabaixo e de Carlos Freire na batería.

A iniciativa englobará ademais a proxección dos documentais “Jazz en liberdade” e “Lady Be Good – instrumental women in jazz”.

A concelleira de Cultura, Natividade González, sinalou que “para min é un pracer presentar este evento, que é dos poucos festivais de jazz que temos en galego, e é un orgullo que se realice en Ames, neste espazo tan emblemático como é o Pazo da Peregrina. Este ano repetimos a fórmula da pasada edición, que acadou un gran éxito, e volveremos a ter dous días de jazz e de proxección”.

Pola súa banda o director artístico de Ames Jazz, Xacobe Martínez, puxo en valor que “o traballo, o talento e a traxectoria dos artistas que van estar no Ames Jazz garanten que o festival vai ser unha marabilla. A proxección dos documentais é unha forma de facer medrar a proposta, e foi un acerto”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies