Ames, 10 de xullo do 2019 – O concello de Ames ven de firmar un convenio por medio do cal asume a cesión temporal dunha nova rúa é unha praza do Milladoiro durante dez anos.
O novo espazo urbano pertence na actualidade a comunidade de propietarios do edificio Xaquín Lourenzo. Desde a súa construción a recepción por parte do concello estaba prevista pero nunca se chegou a producir. A nova rúa servirá como unión directa entre as da Madalena e o Xeixo.
O alcalde de Ames, José Miñones, e a presidenta da Comunidade de Propietarios, María Luísa González, foron os encargados de asinar o documento. O acordo terá unha duración de dez anos, con posibilidade de prorrogalo da forma anual transcorrido este espazo de tempo. A zona cedida comprende unha extensión total de 1563 metros cadrados.
O convenio contempla que a cesión destes terreos privados será gratuíta para o Concello, se ben a administración local será a encargada de sufragar os gastos correntes e de mantemento que derive o uso de ambos espazos durante a vixencia de dito convenio. No tocante á extensión, o rueiro comprende unha superficie de 750 metros cadrados mentres que a praza ocupa un total de 813 metros cadrados, o que fai un total de 1563 metros cadrados.
Se ben a cesión do uso xa aparecía prevista na licenza de obra as conversas para concretalo iniciáronse no mes de febreiro do 2018. Estes espazos resultan convenientes para o uso público debido á súa situación como enlace peonil entre a rúa Madalena e a rúa do Xeixo, ademais da súa función de acceso á zona verde situada na parte posterior do bloque de vivendas. O rexedor amesá e concelleiro de Urbanismo, José Miñones, afirma que este acordo supón “a solución a unha problemática de anos que os representantes da comunidade de veciños nos explicaron hai un ano e medio, e que por fin chega ao seu fin”.