займ срочно

Obras de mellora nos viarios da aldea de Buceleiras, no concello de Ames

0

Bisbarra, 21 de decembro do 2022 – O concello de Ames ven de adxudicar o proxecto de mellora dos viarios interiores da aldea de Bueceleiras na parroquia de Bugallido.

O importe total dos traballos foi adxudicado por 242.500 euros. Forma parte do plan “Ames progresa 2021-2022” e inclúe actuacións en arredor de dous quilómetros de treitos, con reformas no asfalto e no pavimento, reparación de fochancas e sendas peonís. Está previsto que nas vindeiras semanas, cando a climatoloxía o permita, se executen os traballos.

Actuarase na parte sur do núcleo, ao longo dunha superficie de 1.130 metros cadrados, na que se levará a cabo a execución dun novo pavimento de formigón con lastras de granito, baixo os que se executarán redes de drenaxe e de alumeado público.

Na parte central e leste das Buceleiras executaranse novas capas de rodaxe con aglomerado asfáltico, que inclúen a reparación de fochancas e, nalgúns tramos nos que sexa posible, a ampliación do viario mediante sobreanchuras.

Ademais, crearanse varias sendas peonís de formigón, que suman un total de 555 metros de treitos. Por último, na parte norte realizarase limpeza de marxes e unha nova plataforma de formigón. As actuacións pecharanse coa sinalización horizontal e cinco sinais de stop.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies