Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Ames aproba un gasto de 1.470.288 euros para a mellora do alumeado no rural

Ames aprobou por unanimidade, no pleno ordinario de xaneiro,  un gasto plurianual de 1.470.288 euros para a mellora da eficiencia enerxética no alumeado no rural.
ames-pleno-xaneiro-slide-3-febreiro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 3 de febreiro do 2020 – O concello de Ames aprobou por unanimidade, no pleno ordinario de xaneiro,  un gasto plurianual de 1.470.288 euros para a mellora da eficiencia enerxética no alumeado no rural.
    • Rede de Gobernos Locais +Biodiversidad
    • Modificación dos regulamentos de Participación Cidadá e de Ames Radio
    • Rede de saneamento no lugar de Castelo
    • Propostas presentadas
    • Mocións presentadas por vía de urxencia

Ames, 3 de febreiro do 2020 – O concello de Ames aprobou por unanimidade, no pleno ordinario de xaneiro,  un gasto plurianual de 1.470.288 euros para a mellora da eficiencia enerxética no alumeado no rural.

O gasto no alumeado do rural dividirase nas anualidades dos exercicios 2020, 2021 e 2022. Do total da inversión o concello aporta 294.057,79 euros e o resto corresponde a unha subvención do IDAE.

Este iniciaranse os trámites administrativos polo que antes de finais non se espera que se comece coa execución do proxecto.

Rede de Gobernos Locais +Biodiversidad

O pleno aprobou a continuación, tamén por unanimidade, a adhesión á Rede de Gobernos Locais +Biodiversidad, que ten por obxecto a creación dun marco estable que impulse e promova, no conxunto dos gobernos locais españois, a adopción de políticas, plans e programas en materia da conservación e o fomento da biodiversidade, a protección do medio hídrico, a restauración de espazos naturais degradados, a mellora da conectividade ecolóxica e a salvagarda dos ecosistemas. Esta rede foi constituída en 2006 pola FEMP. Coa inclusión en dita Rede preténdese poder optar a distintas axudas para desenvolver novas actuacións sobre a conservación e o fomento da biodiversidade.

Modificación dos regulamentos de Participación Cidadá e de Ames Radio

Ademais, aprobouse por unanimidade a modificación dos artigos 12, 20 e 26 do regulamento de Participación Cidadá. Dita modificación faise co obxectivo de dispor dunha regulación máis pormenorizada do funcionamento da Comisión Especial de Queixas, Suxestións e Reclamacións, particularmente no referente a función de Secretaría que elabore as actas que acrediten a asistencia efectiva e, polo tanto, o dereito a percibir indemnizacións por asistencias as súas sesións. Aproveitando a necesidade de facer dita modificación, considerase oportuno realizar outras modificacións do referido regulamento que afectan aos Consellos Sectoriais e Asemblea de Participación Cidadá ou da Veciñanza.

Poderase así, afondar na garantía individual do dereito de participación que asiste a cada concelleiro e concelleira, posibilitando a súa asistencia tanto á Comisión Especial de Queixas, Suxestións e Reclamacións, á Asemblea de Participación Cidadá ou da Veciñanza como aos Consellos Sectoriais, a aqueles concelleiros e concelleiras que sen ser integrantes destes órganos, á súa presenza se considere oportuna ao obxecto de mellorar a calidade da devandita participación e información, os cales poderán acudir en calidade de observadores con voz pero sen voto e retribución. Por outra parte, regúlanse de xeito máis pormenorizado os Consellos Sectoriais, establecéndose unha composición mínima, posibilitando que sexa o propio regulamento de funcionamento o que estableza a composición máis acaida do mesmo en atención ás características e natureza de cada consello.

Tamén se aprobou por unanimidade a segunda modificación do regulamento de organización e funcionamento da emisora municipal Ames Radio. Dito regulamento foi modificado por primeira vez na sesión plenaria do 30 de marzo de 2017. No momento actual, considérase oportuna unha segunda modificación, que afecta unicamente o artigo 6, que regula a composición do Consello Asesor de Comunicación. A modificación comprende dous obxectivos: facilitar a presenza dos concelleiros/as do grupo mixto no Consello Asesor de Comunicación e modificar a representación das asociacións no Consello Asesor de Comunicación que non terá carácter obrigatorio e constará dun único representante (titular e suplente).

Rede de saneamento no lugar de Castelo

A Corporación municipal tamén aprobou por unanimidade o proxecto técnico de Rede de saneamento no lugar de Castelo, pertencente á parroquia de Ames, e que conta cun orzamento de execución por contrata de 33.192,78 euros. No orzamento municipal 2019, prorrogado para o 2020, inclúese unha partida para actuacións vinculadas ao ciclo integral da auga, por importe de 100.000 euros. Estas actuacións teñen que definirse ao longo deste exercicio para poder iniciar os correspondente expedientes de licitación. Este proxecto recolle  a ampliación da liña de saneamento  para unha serie de vivendas que se atopan na marxe esquerda da estrada que vai de Castelo cara Proupín. Deste xeito, vaise conectar pola parte traseira de ditas vivendas, mediante un sistema de impulso por bombeo, á rede xa existente.

Propostas presentadas

Por outra banda, debatéronse seis propostas sobre diversos temas. O concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, presentou tres propostas. Na primeira, que tratou sobre a adhesión do Concello de Ames ao programa Viogen, a Corporación municipal aprobou por unanimidade deixala encima da mesa xa que o Concello de Ames xa dispón dunha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. A segunda proposta presentada por José Ramón Oulego tratou sobre a conmemoración do día internacional contra a corrupción. Esta proposta foi aprobada por unanimidade. A terceira proposta do concelleiro de Ciudadanos solicitaba o apoio aos órganos constitucionais e para instar ao actual goberno de España a non realizar concesións aos grupos independentistas. Esta proposta foi rexeitada con 14 votos en contra (dos oito concelleiros/as do PSdeG, dos/as tres edís do BNG, das dúas concelleiras de Contigo Podemos e do concelleiro de Ames Novo) e 7 a favor (dos seis concelleiros/as do PP e do concelleiro de Ciudadanos).

O grupo municipal socialista presentou unha proposta sobre a política do Goberno galego en relación á prestación do servizo de pediatría, que foi aprobada co voto a favor dos concelleiros/as do PSdeG, BNG, Contigo Podemos, Ames Novo e Ciudadanos. Os/as edís do Partido Popular votaron en contra. Ademais, o goberno municipal presentou unha proposta sobre o financiamento das entidades locais na prestación do servizo de axuda no fogar. Esta moción, ao igual que a anterior saíu adiante co voto a favor dos concelleiros/as do PSdeG, BNG, Contigo Podemos, Ames Novo e Ciudadanos, mentres os/as edís do Partido Popular votaron en contra. Por último, aprobouse por unanimidade unha proposta presentada por todos os grupos municipais para solicitar a mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-544, que une las localidades de Bertamiráns e Negreira, ao seu paso polas parroquias do concello de Ames.

Mocións presentadas por vía de urxencia

O grupo municipal popular presentou dúas mocións por vía de urxencia. Primeiro aprobouse por unanimidade a urxencia das mesmas. De seguido pasouse a debater o seu contido. A primeira, na que se instaba ao presidente do goberno de España a que non alcance acordos que vulneren o establecido na Constitución e no resto do ordenamento xurídico español, foi rexeitada con 14 votos en contra (dos oito concelleiros/as do PSdeG, dos/as tres edís do BNG, das dúas concelleiras de Contigo Podemos e do concelleiro de Ames Novo) e 7 a favor (dos seis concelleiros/as do PP e do concelleiro de Ciudadanos).

A segunda moción, na que se instaba ao goberno de España a aboar a débeda pendente a Galicia (correspondente coa liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017 e cos incentivos polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018), tamén foi rexeitada. Neste caso con 10 votos en contra (dos oito concelleiros/as do PSdeG e das dúas concelleiras de Contigo Podemos), 8 votos a favor (dos seis concelleiros/as do PP, do concelleiro de Ciudadanos e do concelleiro de Ames Novo), e 3 abstencións correspondentes aos edís do BNG.

Post navigation

Previous: Os colectivos sociais seguiran reclamando a restauración da Mina de Touro
Next: O Pino fai bo o nome de estático para un equipamento deportivo

Máis novas

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel Millarock 2026
5 minutes read
  • Xeral

XV Millarock en Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.