Bisbarra, 17 de xuño do 2024 – Espazo Común pide a anulación do proceso selectivo para a xerencia da empresa pública Augas de Ames.
Despois de que hai unha semana o Consello de Administración de Augas de Ames se cancelara por falta de documentación e de recibir unha parte dela, faltando outra, Espazo Común reafírmase na teoría de que “as bases foron dirixidas a primar a súa antiga socia de goberno (Genma Otero de Podemos) como se pode apreciar na diferencia de puntuación que se lle otorga á experiencia en cargos directivos no sector privado (máx 12) en relación cos servizos prestados en órganos superiores do sector público local (máx 50)”.
As bases foron encargadas no seu día a un técnico externo. Unha vez entregadas foron modificadas, pola Presidencia do Consello de Administración de Augas de Ames, en dous puntos. Un as puntuacións segundo méritos e outro a creación dun comité avaliador.
Espazo Común considera que non é ético que Genma Otero se presente á convocatoria dunha empresa “despois de participar activamente na súa creación”.
Votan tamén un falta un cadro no que se reflicta os puntos acadados por cada candidato en función da documentación presentada por cada un, Espazo Común di que tras revisar os CV dos candidatos “preguntámonos si esta é a persoa mais axeitada para desenvolver o posto de xerencia da nova empresa de augas. Posto que require dun perfil mais técnico e con experiencia no sector e non o perfil político ao que conducen estas bases”.
Espazo Común insta a Blas Garcia. Alcalde e presidente da EPEL, e ao goberno “a reconsiderar esta cuestión, anulando este proceso selectivo e iniciando canto antes outro onde exista consenso entre todos os membros do Consello de Administración”.
Lembran ademais que “formar parte dun Consello de Administración é algo moi serio e as decisións que alí se toman son de suma importancia, ca responsabilidade que iso implica para os conselleiros e conselleiras , como para facelo sen documentación (sempre tarde e incompleta), sen tempo para revisala como é debido ou mesmo para pedir informes aclaratorios para algunhas cuestións”.