Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Avanza a ampliación do CEIP Agro do Muíño en Ames

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o concello de Ames veñen de firmar o convenio de colaboración para a ampliación do CEIP Agro do Muíño.
ames-ampliacion-agro-do-muinho-slide-27-maio-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 27 de maio do 2020 – A Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o concello de Ames veñen de firmar o convenio de colaboración para a ampliación do CEIP Agro do Muíño.
    • Tramitación previa

Ames, 27 de maio do 2020 – A Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o concello de Ames veñen de firmar o convenio de colaboración para a ampliación do CEIP Agro do Muíño.

O Agro do Muíño terá, unha vez rematada a obra, seis novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña máis. Contémplase, igualmente, o desenvolvemento de espazos complementarios e de uso común que se definirán no proxecto.

O convenio establece a ampliación do centro educativo nun espazo de 4.342 metros cadrados e fixa como data de execución antes do 1 de setembro de 2021, polo que as novas dotacións estarán dispoñibles para o seu uso de cara ao curso 2021/22.

O convenio asinado recolle a posta a disposición da Consellaría do terreo para a ampliación, sendo o Concello de Ames o encargado de outorgar as licenzas de edificación necesarias para a ampliación. A administración local procederá, igualmente, á limpeza e desbroce da parcela e completará a urbanización con acceso rodado, pavimentado e dotado de beirarrúas, para garantir a seguridade do alumnado. O mantemento e conservación do centro ampliado tamén corresponderán ao Concello de Ames.

A Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional elaborará, supervisará e aprobará o proxecto básico e de execución para a obra de ampliación do CEIP Agro do Muíño, ademáis de iniciar a tramitación da contratación do gasto con cargo aos seus orzamentos, así como a tramitación dos correspondentes expedientes de licitación, dirección e execución das obras. Asemade, para a execución e posta en funcionamento da ampliación do centro educativo, a administración autonómica comprométese a solicitar e dispor de todos os títulos habilitantes de natureza urbanística e autorizacións sectoriais que sexan procedentes.

Avanza a ampliación do CEIP Agro do Muíño en AmesTramitación previa

A principios de 2018, a corporación municipal deulle luz verde á aprobación definitiva da modificación do plan parcial do sector de solo urbanizable S-15 (As Cortes-A Condomiña) co obxectivo de cederlle o terreo á Consellería de Educación da Xunta de Galicia para poder ampliar o CEIP Agro do Muiño. A través desta modificación, permitiuse unir á parcela onde está situado o colexio cunha superficie de espazos verdes de 4.345 m2 que, unidos ós 10.300 m2 actuais do colexio, dan unha superficie total de 14.645 m2.

A actuación garante suficientemente a ampliación da parcela para acometer a ampliación das aulas de educación primaria e a parte proporcional de zonas comúns, quedando aínda un espazo reservado para futuras ampliacións.

No mes de decembro de 2018, o Pleno aprobaba por unanimidade a posta a disposición da Xunta de Galicia do terreo necesario para ampliar o CEIP Agro do Muíño e, a mediados de xullo do ano pasado, unha representación do goberno municipal reuniuse coa conselleira de Educación para acordar a sinatura de convenio para facer efectiva a posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos nos que se acometerá a ampliación.

Esta será a segunda ampliación do CEIP Agro do Muíño, xa que nunha primeira fase construíronse 3 novas aulas que contaron cun orzamento de 342.997,28 euros. En concreto, os traballos consistiron na habilitación de 3 aulas para 25 alumnos de infantil, aseo incorporado á aula, espazos comúns, rampla de acceso, instalación e aseos. O obxectivo desta actuación foi atender o importante aumento de alumnado a escolarizar na etapa de infantil no concello de Ames.

Post navigation

Previous: Padrón presenta o Plan de reactivación
Next: Piden a retirada dun vertedoiro incontrolado na Estrada

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel Millarock 2026
5 minutes read
  • Xeral

XV Millarock en Ames

Cartel do día mundial do orullo en Ames
2 minutes read
  • Ames

Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ en Ames

Unha imaxe dun dos comedores escolars do concello de ames
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian en Ames o “abandono” de comedores escolares

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.