Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Ames presenta alegacións ao plan de transporte público da Xunta

Ames, 19 de xullo do 2017 – Ames ven de presentar distintas alegacións ao anteproxecto de transporte público da Xunta de Galicia co fin de mellorar a comunicación de distintos núcleos.

Fixar a saída e a chegada da liña Ortoño-Santiago no apeadeiro de Bertamiráns para facilitar a comunicación do núcleo urbano con outros puntos do concello, modificar o trazado da ruta para que pase pola urbanización Agro do Muiño onde existen 142 vivendas e un colexio Agro do e incrementar o número de paradas son as principais alegacións que o Concello de Ames presenta ao anteproxecto de explotación do transporte público.

O Concello ve tamén necesaria unha referencia específica ao cumprimento da Lei sobre accesibilidade que entrará en vigor en decembro do presente ano e que deben cumprir os vehículos que se utilizan para este tipo de transporte. Ames pide que se faga unha referencia específica ao cumprimento do requisito de accesibilidade que deben cumprir os vehículos que se utilizan para este tipo de transporte “Observamos que no “Anexo V, características dos vehículos” non hai referencias específicas ao cumprimento do requisito de accesibilidade, e non sabendo si esta vai incluída nalgún dos puntos referidos de categoría do vehículo re443/2001. Nos, tendo en conta os problemas que moitas veces xorden cando, por exemplo, unha persoa quere subir cunha cadeira de rodas ou un carriño de bebé, e as dificultades que as veces se lle poñen, consideramos absolutamente necesaria unha referencia específica ao cumprimento da Lei sobre accesibilidade que entrará en vigor en decembro do presente ano e que deben cumprir os vehículos a utilizar”, declara o concelleiro responsable Blas García.

Post navigation

Previous: A Asemblea de Investigadoras de Compostela, AIC, denuncia retrasos nas convocatoria de axudas
Next: O BNG de Ordes denuncia que a aplicación do “catastrazo” foi solicitada polo alcalde

Máis novas

ames pleno 28 setembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Ames aproba os pregos de licitación do futuro centro deportivo do Milladoiro

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.