займ срочно

O Ministerio de Transportes aproba o proxecto de nova entrada para o Polígono do Milladoiro

0

Bisbarra, 23 de decembro do 2022 – O Ministerio de Transportes aprobou o proxecto de conexión da autovía de Noia, SC-20, coa entrada do Polígono do Milladoiro en Ames.

A conexión mellorará o acceso á avenida principal do Milladoiro ao desviar parte do tráfico que chega á rotonda de entrada. O investimento previsto para a a obra é de 592.196 euros e agora tense que someter a exposición pública.

O proxecto desenvolve unha conexión directa desde a saída da autovía de Brión coa a avenida do Muíño Vello, que remata na entrada do Polígono do Milladoiro. Tamén se remodelará intersección do Lugar de Cruxeiras suprimindo o ramal de entrada desde a rotonda e creando outro acceso desde a N-550.

Así mesmo, naquelas zonas afectadas polas obras procederase ao saneo e reposición do firme, á recolocación das luminarias, á reposición do balizamento e sinalización e da drenaxe lonxitudinal e transversal.

Unha obra que desde o Ministerio din que “diminuirá o número de manobras na condución, minimizando a posibilidade de colisións laterais e frontais, o que permitirá a mellora da seguridade viaria na intersección e na súa contorna”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies