Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames

Denuncian en Ames o “abandono” de comedores escolares

Espazo Común reclama medidad para os comedores do Milladoiro e do rural, onde hai temperaturas de máis de trinta graos.

Unha imaxe dun dos comedores escolars do concello de ames

Ames, 18/06/2026 – O grupo municipal Espazo Común (ESCO) denuncia que os comedores do Milladoiro e o rural de Ames están “abandonados” polo goberno local, Explican que mentres o goberno “presume de excelencia nos servizos públicos, traballadores/ as e nenos/as dos comedores da EEI do Milladoiro, CEP de Ventín e das unitarias de Covas e A Igrexa soportan temperaturas que roldan os 30 graos”.

Para ESCO o máis grave é que a situación dos comedores é coñecida desde hai máis de cinco anos e  malia as reiteradas queixas e advertencias, non se adoptaron as medidas para garantir condicións dignas e adecuadas tanto para os traballadores/as como para o alumnado.

Desde Espazo Común consideran “inaceptable que unha situación desta natureza continúe sen solución mentres o Concello presume da excelencia dos seus servizos públicos”. A realidade que viven diariamente usuarios e traballadores destes centros demostra que existen problemas básicos que seguen sen ser atendidos.

A resposta da Alcaldía, segundo ESCO, foi anegativa a reunirse co comité de empresa e descalificación das denuncias cualificándoas de “panfleto partidista”. Unha actitude “impropia dun goberno que debería escoitar aos traballadores e buscar solucións, non atacar a quen denuncia as deficiencias. Unha actitude que evidencia aínda máis a falta de diálogo institucional e o desinterese por resolver os problemas reais que afectan a O Milladoiro e ao rural de Ames”.

Espazo Común pídelle ao goberno municipal que abandone a confrontación e as descualificacións, sente cos representantes dos traballadores e a lo menos escoite as súas demandas.

Post navigation

Previous: Preocupación pola interrupción do servizo da Telleira en Ames
Next: Comeza o Son do Camiño 2026

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.