Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

25N Ames contra a Violencia de xénero

25-N-contra-a-violencia-de-xenero-slide_r

O Concello de Ames celebrou un acto institucional na praza do Concello co obxectivo de mostrar o absoluto rexeitamento da veciñanza amesá á violencia de xénero mediante o uso de roupa de cor negra. Durante o evento procedeuse á lectura do manifesto, no que os grupos municipais incidiron na importancia de que as institucións se involucren para conseguir a erradicación de calquera tipo de desigualdade entre homes e mulleres, así como na necesidade de que a sociedade se una para acabar con este problema, que xa segou a vida de corenta e tres mulleres e oito menores no que vai de ano.

Ao abeiro da campaña “Ames en negro” e dos actos organizados con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ames organizou hoxe un acto institucional na praza do Concello para mostrar o absoluto rexeitamento á violencia de xénero da cidadanía amesá. Arredor das 12.00h, procedeuse  á lectura do manifesto e ao reparto de material da campaña Ames en Negro, formado por camisetas, chapas, pulseiras, bolígrafos e axendas, entre outros. O obxectivo deste evento foi tinguir a praza de negro, como mostra de unión e rexeitamento colectivo da veciñanza amesá fronte as violencias machistas.

Durante a lectura do manifesto, que correu a cargo da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, da directora do Centro de Información á Muller, Maite Arufe, os concelleiros de Educación e Cultura, David Santomil, e de Economía e Facenda, Genma Otero, e o voceiro de Ames Novo, Quique Costas, os membros do grupo municipal fixeron fincapé na importancia de visibilizar a violencia de xénero, co obxectivo de seguir avanzando cara á súa erradicación. Un paso vital para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres, un traballo de todos porque “nos compromete a todas e todos”.

Neste senso, púxose o acento na necesidade de que as institucións sigan lexislando en favor da igualdade de xénero, que convertan este tema “nunha prioridade institucional e política para as administracións de todos os niveis de goberno”, para o que “é preciso un consenso institucional, político e social así como a coordinación entre as diferentes administracións con competencia na materia”. Podes acceder ao manifesto completo premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas.

Trala lectura do manifesto, que rematou co rexeitamento unánime das formacións políticas presentes cara calquera tipo de violencia machista, así como “de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia”, Paula Viñas Lamas, alumna do IES de Bertamiráns, procedeu á lectura dun poema propio.

A continuación, contouse coa actuación do grupo formado por Neves Seara, Migui Carballido, Laura Lamontagne e Zeltia, que, da man da Casa Morada, se encargaron da música e a poesía do acto cunha performance sacada do seu espectáculo Silencios Impostos.

Nesta última parte, tamén houbo un momento o recordo das vítimas de violencia de xénero e violencia doméstica que deixou este 2018, coa colocación dunha cartilla por cada unha delas nas escaleiras da Casa do Concello mentres se lles recordaba aos presentes os seus nomes.

Post navigation

Previous: 25N Brión contra a Violencia de xénero
Next: Oroso nomeu fillo predilecto a José Miguel Couselo Sánchez

Máis novas

ames pleno 28 setembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Ames aproba os pregos de licitación do futuro centro deportivo do Milladoiro

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.