Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Alguén que RESPIRA! conmemora o Día Mundial da Poesía en Compostela

compostela-alguen-que-respira-slide-21-marzo-2018_r

Compostela, 21 de marzo do 2018 – O Día Mundial da Poesía comeza hoxe en Compostela co estoupido dun cento de foguetes. Será o punto de partida dun programa de actos que durará ata o próximo sábado 24.

O programa de actividades do Día Mundial da Poesía esta organizado pola Concellería de Acción Cultural compostelá e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A primeira actividade será as oito de esta tarde e consistirá nun recital no que participan algunhas das voces máis singulares da poesía actual, ademais de presentar o primeiro Manifesto do Día Mundial, que realizou para a ocasión María Xosé Queizán. O recital, deste xeito, permitiralle aos afeccionados gozar da voz de Andrew McMillan, Salvador García Bodaño, María Sevilla, Olga Novo, Isaac Xubín e Olvido García Valdés, unha das autores de culto da Literatura española.

Para mañá xoves 22, está previsto ás once da mañá un café-diálogo no que participan Andrew McMillan, Olvido García Valdés e Isacc Xubín. A partir das sete da tarde, terá lugar o recital Catro graos de abertura, título que fai referencia aos catro graos de abertura das vocais en galego e que, nun programa dobre, inclúe dous enfrontamentos de regueifa [Alba María con Queco Díaz e Lupe Blanco con Suso de Xornes] e un torneo de slam, coa participación dos mellores slamers que actualmente traballan en Galicia e Portugal: Duke Sam, Nuria Vil, Oriana Méndez, Carlos da Aira, Esther Carrodeguas, Raquel Lima e Vítor Hugo Moreira. O torneo, con acompañamento musical de Velpister, estará presentado por Silvia Penas. Para pechar a xornada, a partir das dez da noite, o recital Poesía no fío ofreceralle aos espectadores a proposta nos lindeiros poéticos que formulan, conxuntamente por encargo do festival, Clara Gayo, Carlos Santiago e Zé Paredes.

O venres 23 divídese en tres apartados, que abranguen desde a poesía performática á videopoesía. Ás seis e media da tarde, o festival propón no recital Atravesei a verxa un percorrido por insólitos espazos do Teatro Principal a través das voces de Isaac Xubín, Luísa Castro, Xabier Xil Xardón e Javier Peñafiel. Os espectadores [serán grupos reducidos e cumprirá reservar previamente] non só se adentrarán en liñas de recitación personalísimas senón que tamén descubrirán ámbitos do teatro con acceso restrinxido, como o fallado, as terrazas ou os camerinos. A partir das oito da tarde, dese mesmo 23 de marzo, celebrarase unha sesión centrada na Escrita en conflito, título que reúne o testemuño directo de Miguel-Anxo Murado sobre a Literatura nos espazos de conflito bélico, e o recital do refuxiado sirio Mohamad Frias Alshaheen e o saharauí Bahia Mahmud Awah, presentado por Iván Prado, responsable da organización Pallasos en Rebeldía. A xornada pecharase a partir das nove e media da noite coa proxección de varios videopoemas de Miriam Reyes, Estela Pan, Cintaadhesiva e Celia Parra.

O sábado 24, o festival clausúrase cun recital ás dez da noite, presentado por Ana Romaní, no que participan Estíbaliz Espinosa, Ana Vallés con Nuria Sotelo e Lupe Gómez, ademais de Niño de Elche. 

Post navigation

Previous: Ames e Teo trasladan as propostas de bus metropolitano a Dirección Xeral de Mobilidade
Next: AldaoLado este xoves nas Crechas

Máis novas

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.