Teo, 18 de xaneiro do 2022 – A reunión entre a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e responsables de minas abre a porta a novas reunións.
O máis sorprendente do encontro é que fora solicitado polo ex concelleiro Manuel Parajó. Despois dunha hora e media de reunión a Plataforma da Casalonga e os responsables da Xunta coincidiron na necesidade de que nos encontros particpen concello e empresa.
Por parte de minas participaron o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria da provincia, Isidoro Martínez, e o xefe do servizo de Enerxía e Minas, Juan José Iglesias.
Restauración e expropiación
Os presentes trataron os dous piares do conflito. O plan de restauración presentado pola empresa e a expropiación da `pista que bordea a canteira da Casalonga. As diferentes posturas sobre o estado no que se atopa a zona foi motivo de tensión xa que os funcionarios baseanse nos papeis presentados e o colectivo veciñal na realidade.
A Plataforma acabou por invitar aos responsables a que se achegaran para ver in situ as condicións na que se atopa. Entregaron tamén unha carta dirixida ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na que explican a problemática e o invitan tamén a visitar o lugar.
Da reunión sae a intención de manter unha nova reunión na que participen tamén concello e empresa. Un primeiro paso para atopar unha solución que polo momento aínda está lonxe de concretarse.
