Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • O Pino
  • Touro

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

O BNG acusa á Xunta de actuar de “comercial da mina de Touro-O Pino” e pide dar marcha atrás na declaración como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).

imaxe do proxecto da mina de Touro

Touro, 15/07/2026 – A mina de Touro segue sen ser restaurada como marca a lei, pero o que pode ser aínda peor é que pode reabrir se finaliza a tramitación que a empresa ten en marcha. A cualificación como proxecto industrial estratéxico (PIE) ven de acelerar esa tramitación.

A deputada do BNG Saleta Chao acusou ó Goberno da Xunta de actuar como “comercial” da empresa da mina de Touro-O Pino e esixiu, máis unha vez, a paralización da súa declaración como proxecto industrial estratéxico (PIE).

Chao advertiu de que esa declaración “permitiu pisar o acelerador e reactivar de golpe toda a tramitación” e, en consecuencia, a ameaza que supón este proxecto no entorno, con especial afectación na bacía do Ulla e na ría de Arousa.

As veces as Comisións Parlamentarias son as que desvelan a realidade dos feitos, máis alá dos plenos do Parlamento. Na Comisión sexta Saleta Chao preguntou o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, que vai facer a Xunta respecto á sentenza de febreiro deste ano do TSXG que ordena retrotraer as actuacións administrativas ao momento inmediatamente anterior á DIA desfavorable de 2020.

A Deputada nacionalista explicaba que “Con esta sentenza ábrese unha situación anómala na que a Xunta debe retomar a DIA respecto do proxecto de 2027 mentres ten en tramitación un PIE para o mesmo proxecto desde 2024, o que xera unha situación de inseguranza sobre a que a Administración galega debe aclarar que vai facer”.

Saleta Chao emprazou ademais o Goberno de Rueda a atender á mobilización veciñal e de entidades sociais e ambientais que rexeitan “de plano” a reactivación dun proxecto contaminante que, alertou, vai empeorar a situación na que se atopan o río Ulla e a ría de Arousa, “a máis produtiva a nivel marisqueiro do noso Pais, con preto de 4.000 empregos directos e onde xa se pode apreciar a sedimentación por cobre procedente da mina”.

“Fronte ás protestas do sector, a Xunta preferiu mirar cara outro lado e poñer a mina por diante da ría e por diante da xente, poñer o beneficio económico curtopracista por diante do futuro ambiental e produtivo do nos País”, lamentou, para criticar o intento do PP na Xunta de “limitar a participación social negando a condición de interesado a persoas e entidades dos concellos afectados, ao contrario do que establece a lei”.

No debate da iniciativa parlamentaria, Saleta Chao lembrou ademais o recente informe do Icomos no que se alerta sobre posible afección que a mina vai ter sobre o Camiño de Santiago ao seu paso polos concellos de Touro e O Pino. “O Camiño é o principal produto turístico do noso País e patrimonio da humanidade desde o ano 1993 e o informe do Icomos, é cando menos preocupante para a súa preservación”, advertiu.  

A deputada do BNG advertiu, por outra banda, do consumo dunha grande cantidade de recursos hídricos que implicaría a reactivación da mina, cuestionando así se o proxecto, desde ese punto de vista, é compatible co momento de “emerxencia climática sen precedentes” que estamos a vivir, lembrando que a Xunta xa declarou xa a estas alturas do ano a prealerta por sequía nun bo número de concellos.

“Os gobernos deberían gobernar para a xente, pero os feitos demostran que vostedes non o fan”, subliñou Chao en alusión á “folla de ruta” que está a seguir o Goberno de Rueda neste e noutros proxectos: “Tirar para adiante pasando por alto a oposición veciñal e de todas as entidades que presentan alegacións contra un proxecto que é unha ameaza polo seu impacto ambiental e económico”, concluíu. 

Post navigation

Previous: Que e quen no Apóstolo 2026
Next: A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.