Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

 A Fundación Granell acollerá a exposición ata o vindeiro 26 de setembro

granell slide

Compostela, 11/07/2026 – O vindeiro xoves 16 de xullo ás 20:00h horas a Fundación Eugenio Granell inaugura   a exposición “o que me mira rodeándome” da artista Alejandra Pombo Su, un proxecto comisariado por Melanie Roumiguiere que poderá visitarse ata o 26 de setembro.

Esta mostra individual, como manifesta Melanie Roumiguire, reúne por primeira vez “debuxos, esculturas, cine e performance nunha mesma constelación. A exposición non segue unha cronoloxía nin se organiza  segundo os  límites de cada medio.

A mostra fai visible como a práctica artística de Alejandra Pombo desenvolveuse, ao longo dos anos, como un organismo continuo. Xestos, corpos e motivos migran dunha obra a outra, cambian de forma e reaparecen noutro lugar. As obras  recórdanse entre sí. Seguen medrando”.

Alejandra Pombo, é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Belas Artes cunha tese centrada nos paradoxos derivados  da incorporación da performance á arte contemporánea.

A súa práctica artística desenvólvese entre diferentes linguaxes e contextos, abarcando a performance, as artes plásticas e o ámbito audiovisual. Ao longo da súa traxectoria recibiu distintos premios e recoñecementos, e a súa obra foi presentada en espazos de referencia como a Fundación María José Jove, La Casa Encendida, Museo Reina Sofía, Fabra i Coats ou Galeria Municipal de Porto entre outras convocatorias, festivais e centros de arte.

O seu traballo nace da fascinación por aqueles fenómenos da vida que escapan a unha comprensión racional e aliméntase de experiencias persoais que funcionan como punto de partida para a investigación artística.

O seu principal interese reside en afondar no descoñecido, explorando a incerteza como territorio de coñecemento e creación. Desde 2021 forma parte do colectivo NEG, unha colaboración que, segundo as súas propias palabras, constitúe unha das influencias máis significativas na súa práctica actual.

Post navigation

Previous: “No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago
Next: Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.