Ordes, 28 de agosto do 2018 – O BNG de Ordes ven de presentan alegacións á liña eléctrica que quere instalar a empresa Greenalia Power s.l.
Os nacionalistas, a través do seu portavoz municipal, Pablo Vidal, explican que a liña eléctrica que se quere instalar pasaría por Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia cunha potencia de 220 Kv. NO caso de Ordes este tendido sumaríase aos que xa funcionan coa Central Térmica de Meirama conectada a Subestación de Mesón do Vento.
Vidal sinala que “a aposta debe ser repotenciar as infraestruturas existentes para o transporte da enerxía, no canto de crear novos tendidos que afectarían dun xeito irreversible ao aproveitamento agrícola, forestal e urbanístico tanto das parcelas que atravese, como da contorna”.
Para os nacionalistas, a liña de alta tensión proxectada non é viable polo que alegan “pola repotenciación da liña de alta tensión Mesón do Vento – Vimianzo, a cal transcorre a escasos 4 km do orixe da liña pretendida por Greenalia Power SL, na vez de afogar cun novo tendido unha zona xa de por si sobresaturada”.