Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Teo
  • Xeral

Alcaldesas: Lucía Calvo, Teo

A semana pasada falabamos con Lucía calvo, alcaldesa de Teo tras unhas eleccións municipais nas que, a priori, ninguén parecía contar cunha maioría absoluta.
Lucia-Calvo-alcaldesa-Teo-slide-19-septembro-2023_7393_r

A semana pasada falabamos con Lucía calvo, alcaldesa de Teo tras unhas eleccións municipais nas que, a priori, ninguén parecía contar cunha maioría absoluta.

Lucía Calvo apareceu como número un da lista popular desprazando, ao número dous da lista, ao que fora o candidato nas últimas eleccións, José Manuel Guerra. Un feito pouco habitual xa que cando alguén deixa ese primeiro posto acaba indo, en sinal de apoio, nos últimos lugares.

Os 9 concelleiros do Partido Popular deixan ver que non foi unha mala decisión aínda que moitos achacan o resultado ao crecemento da abstención (737 +), dos votos en branco (14 +) e dos votos nulos (87+), datos aos que hai que sumar 426 menos votos menos comparado todo co 2019.

Calvo viu con esta maioría reforzado o convencemento que mostrou durante toda a campaña de que gañaría as eleccións, de feito explica que para ela non foi unha sorpresa

Esta fin de semana o Partido Popular emitía unha nota de prensa na que explicaba que unha auditoría interna deixaba ver no concello de Teo unha situación moi preocupante. Declaracións respondidas polo anterior alcalde, Rafa Sisto, tal e como contabamos onte. A nova alcaldesa aposta pola racionalización do gasto para aproveitar o que queda de orzamento.

Máis alá da situación económica ou organizativa hai un tema que leva sendo protagonista nos últimos anos. A canteira da Casalonga foi un punto de encontro da veciñanza con todos os partidos; no último ano motivo de enfrontamentos entre o equipo de goberno e a Plataforma da Casalonga; e na actualidade, co peche da pista de acceso, motivo de preocupación.

O novo equipo explica que o propietario ten dereito a pechar a pista pero que a intención do goberno municipal segue sendo facerse cos terreos para convertelos nun espazo público para as familias

No último ano a licitación do servizo de lixo foi outro dos motivos de enfrontamento entre a oposición e o executivo de Rafa Sisto. A intención de municipalizalo e as reunións co Partido Popular deixaron bastantes titulares. Lucía Calvo ven de encargar un estudo do territorio para que a licitación se adapte ás características de Teo, tanto no rural como no urbano; para facer “unha cousa ben feita”.

Outra das sorpresas que deparou o novo equipo de goberno, no pouco tempo que leva traballando, foi a proposta de que a liña 6 do trasporte urbano de Compostela, que chega aos Tilos, poida baixar ata Cacheiras. Unha iniciativa coa que todo o mundo está de acordo aínda que non parece sinxela de conseguir. Cuestión aparte será o coñecido como TeoBus que de non resultar operativo será eliminado.

Estes días volve á actualidade a autovía de comunicación coa Estrada que podería estar funcionando no 2025. A veciñanza de Pontevea viu con preocupación o trazado que se quere construír e de feito foi argumento en campaña electoral. O compromiso é que a Xunta faga unha segunda inversión para a construción de novos enlaces na zona.

Non queríamos rematar a entrevista sen falar do San Martiño para o que faltan menos de dous meses. Unha festa con máis de cincocentos anos de historia e na que o equipo de Lucía Calvo traballa xa.

Certas fontes dixéronnos que con Lucía Calvo “polo menos pódese falar”, non é mal comezo para unha nova alcaldesa. Os retos do concello son moitos e de moitos tipos e o tempo dirá ata onde é capaz o Partido Popular de avanzar nas súas propostas.

O que non se lle pode negar a Lucía é a determinación que parece ter e a ilusión por facer as cousas ben. Cunha maioría absoluta e unha oposición moi dividida pode que sexa a mellor oportunidade en décadas para que Teo mude moitas situacións. Da alcaldesa dependerá en que dirección se fai.

Post navigation

Previous: Loito oficial no concello de Padrón polo pasamento de Pepe Domingo Castaño
Next: Comeza Maré 2023

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.